QUE NECESITAMOS SABER Á HORA DE INICIAR UNHA CAMIÑADA?

Os podólogos ofrecen aos peregrinos e camiñantes unha serie de recomendacións para que poidan evitar as doenzas e lesións máis habituais nos pés durante largas horas camiñando. Os profesionais da podoloxía aconsellan levar un calzado cómodo, e ao ser posible, levar máis dun par para ir intercambiando. Así mesmo é aconsellable utilizar zapatillas de trekking, con sola amortecedora e máis […]

Leer máis

A IMPORTANCIA DE ELIXIR UN BO CALZADO

Á hora de comprar zapatos debemos de ter en conta aspectos como a protección, o soporte, a comodidade e a resistencia. Está claro que o estilo e as modas van influír pero a saúde dos nosos pés debe de prevalecer por encima de todo. Os pés son as extremidades do corpo que soportan a maior presión e forza da vida […]

Leer máis

O RETORNO DAS FRIEIRAS

Nos meses de invernos é moi común que volvan as frieiras, unhas lesións que aparecen especialmente nas mans e nos pés ao estar expostos ao frío  A frieira (eritema pernio) maniféstase cun arrubiamento e inflamación dunha zona do corpo que provoca dor e proído, e que ten como principal causante o frío e a mala circulación. O frío provoca que a circulación […]

Leer máis

AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DO PODÓLOGO

O podólogo é o único profesional da saúde instruído e formado, co coñecemento que lle permite ocuparse da saúde dos pés da poboación. Os podólogos contan con coñecementos de medicina xeral, fisioloxía, anatomía e outras ramas do coñecemento. Isto permite que se desenvolva un abanico moi amplo de actividades vinculadas á saúde do pé, analizando dende a forma de camiñar […]

Leer máis

ATAQUES DE GOTA, UNHA DAS AFECCIÓNS MÁIS COMÚNS NOS PÉS EN NADAL

Que é a gota? A gota é unha enfermidade provocada polo depósito de ácido úrico: unha substancia presente no sangue, concretamente no interior das articulacións, onde vai formando unha especie de pequenos “cristais”. Estes cristais provocan, durante o ataque agudo, a inflamación dolorosa, arroibamento e aumento da temperatura da articulación, que se volve moi sensible ao tacto. A maioría das […]

Leer máis

A INFECCIÓN POR PAPILOMAS, UN DOS PROBLEMAS MÁIS COMÚNS

Significado de verruga plantar ou papiloma Os papilomas son un tipo de verrugas víricas que afectan aproximadamente ao 10 % da poboación e máis particularmente aos nenos e adolescentes, aínda que poden afectar a persoas de calquera idade. É de importancia destacar que o termo papiloma para referirse ás verrugas plantares, non se emprega de maneira correcta en medicina. As […]

Leer máis