QUE NECESITAMOS SABER Á HORA DE INICIAR UNHA CAMIÑADA?

Os podólogos ofrecen aos peregrinos e camiñantes unha serie de recomendacións para que poidan evitar as doenzas e lesións máis habituais nos pés durante largas horas camiñando.

Os profesionais da podoloxía aconsellan levar un calzado cómodo, e ao ser posible, levar máis dun par para ir intercambiando. Así mesmo é aconsellable utilizar zapatillas de trekking, con sola amortecedora e máis altura no talón que na parte anterior do pé. Desta maneira evitaranse sobrecargas na musculatura da parte posterior das pernas, moi común tras estar un par de horas camiñando. As zapatillas deben ter suficiente folgura e altura na zona anterior do pé para que os dedos se podan mover de maneira totalmente libre e que non se produzan feridads nas unllas. Algo moi importante e que en ocasións a xente non ten en conta é que non debemos estrear unhas zapatillas o mesmo día no que se comeza a actividade, senón que deben estar algo usadas para que se poidan adaptar facilmente aos pés.

En canto aos calcetíns, os profesionais recomendan que sexan 100% algodón e sen costuras para que os pés teñan unha correcta transpiración e se manteñan secos. Se temos os calcetíns mollados, os pés estarán húmidos e isto afectará á circulación do sangue. Para previr esta situación tamén é recomendable levar varios pares de calcetíns para cambialos no momento en que notemos certo estado de humidade.

Outro obxecto importante para largas camiñadas é o bastón pregable. Axuda a repartir a carga nos tramos do camiño con pendentes máis acusadas, e ademais proporciona estabilidade e apoio á persoa.

Ao camiñar moitos kilómetros durante varios días e cargando, como é costume, cunha mochila de peso considerable é común que aparezan ampolas nos pés así como tendinites ou molestias musculares. Cando aparecen estas pequenas lesións os viandantes deberán de adaptar a ruta ás súas capacidades físicas e percorrer menos kilómetros en cada etapa. Se a lesión persiste durante varios días recoméndase abandonar a actividade e acudir ao podólogo para a valoración da lesión e o posterior tratamento.

Ata o momento estariamos falando de recomendacións a ter en conta durante o transcurso da ruta.

Consellos podolóxicos antes da ruta

  • Hidratar convenientemente a pel. É preferible facelo pola noite no momento antes de deitarse, con cremas mellor que locións ou pomadas
  • Usar produtos secantes específicos para os pés (tipo polvo), entre o pé-calcetín e o calcetín- calzado. É necesario se se padece hiperdrose ou para evitar o exceso de sudoración
  • Corte de unllas, debe facerse de forma recta
  • En caso de helomas, fungos ou papilomas débese acudir ao podólogo para que nos diagnostique o tratamento adecuado para a súa cura
  • A carga máxima total, incluíndo a mochila, non debe sobrepasar o 10% do noso peso corporal

Consellos podolóxicos para despois da ruta

  • Lavar os pés con auga xabonosa templada
  • Somerxer os pés en auga fresca con líquidos relaxantes
  • Estirar minuciosamente toda a musculatura do pé
  • Mobilizar todas as articulacións do pé, realizando masaxes sobre todo pola zona da planta
  • Uso de chancletas para andar cómodo ao finalizar a xornada