A IMPORTANCIA DE ELIXIR UN BO CALZADO

Á hora de comprar zapatos debemos de ter en conta aspectos como a protección, o soporte, a comodidade e a resistencia. Está claro que o estilo e as modas van influír pero a saúde dos nosos pés debe de prevalecer por encima de todo. Os pés son as extremidades do corpo que soportan a maior presión e forza da vida diaria. Quizais sufran máis danos que ningunha outra parte do noso corpo, polo que é necesario protexelos cun calzado apropiado.

O podólogo diagnosticaranos e trataranos, comentaranos o importante que é o auto coidado e a prevención que realicemos nós mesmos e orientaranos para elixir un bo calzado. Na actualidade moitas persoas van a comprar zapatos sen ter en conta a fisionomía dos seus pés e non son conscientes de que un calzado erróneo pode ser o desencadeante dunha afección e ademais pode chegar a agravar a doenza existente.

Por outra parte, estanse observando, cada vez máis, novas patoloxías nos pés derivadas do uso constante de calzado que non cumpre coas condicións mínimas de espazo e amortecemento necesarias para o pé.

Moitos cidadáns non contan coa información necesaria sobre o tema ou as advertencias que lles chegan non son verídicas. Existen unha serie de orientacións de carácter xeral para persoas con pés sans. Aqueles pacientes que teñen patoloxías instauradas ou pacientes de risco deberán acudir a unha consulta para a súa valoración por parte do podólogo e que este lle asigne un tratamento personalizado antes de decidirse por un calzado ou outro. Un bo calzado desde o punto de vista biomecánico debería cumprir uns requisitos mínimos que varían segundo o sexo e a idade do individuo.

Recomendacións á hora de comprar uns zapatos

1. Ter en conta que uso vamos a darlle: se é para realizar unha actividade deportivo, para traballar, de uso diario, etc

2. O tipo de material, sempre elixindo o máis natura posible. Recoméndanse materiais como a licra, pel sintética e elástica

3. O peso do zapato: canto máis lixeiro mellor, sobre todo en nenos e anciáns

4. A punteira debe ser alta e ampla, que teña capacidade suficiente para permitir o libre movemento dos dedos. Evitar na medida do posible a punteira

5. O tacón, con base de apoio estable e ancho. Canto máis ancho sexa o tacón haberá maior estabilidade e menor risco de lesión

6. Comprar os zapatos ao final do día,cando o pé está máis inchado, ademais de deixar un centímetro de sobra, ou que sobre un dedo do pé. Probalos coa media ou calcetín para asegurar o axuste correcto

7. Comprobar a capacidade interna no caso de utilizar algún tipo de soletas ou siliconas

8. Sobre sola, se mide máis de tres milímetros mellor, aportaranos maior comodidade

9. En canto á largura debe respectar a anchura do noso pé e incluso mediar un centímetro máis do noso dedo máis largo

10. Canto máis suxeito vaia o noso pé moito mellor, haberá máis estabilidade. Para isto debe levar un contraforte ríxido, para estabilizar talón, pero non moi curvo porque pode danar o tendón de Aquiles

11. Non menos importante é probarse ambos pares por temas de simetría