AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DO PODÓLOGO

O podólogo é o único profesional da saúde instruído e formado, co coñecemento que lle permite ocuparse da saúde dos pés da poboación. Os podólogos contan con coñecementos de medicina xeral, fisioloxía, anatomía e outras ramas do coñecemento. Isto permite que se desenvolva un abanico moi amplo de actividades vinculadas á saúde do pé, analizando dende a forma de camiñar da persoa ata alteracións estruturais dos membro inferiores, pasando por infeccións e outros problemas. En definitiva, o podólogo é o facultativo encargado de diagnosticar, tratar e previr as afeccións e deformacións dos pés.
O ámbito das competencia do podólogo quedo establecido Decreto núm.727/62 de 29 de marzo, BOE 13 Abril 1962. Polo Real Decreto 649/1988 de 24 de xuño, estruturáronse as ensinanzas de podoloxía como estudos de primeiro ciclo universitario, establecéndose as directrices xerais dos plans de estudo para a obtención do título oficial de “Diplomado en Podoloxía”. Ademais, ratifica as competencias profesionais do podólogo, do Decreto 727/1962, de 29 de marzo. Mediante a Orde CIN/728/2009, de 18 de marzo, establecéronse os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de podólogo, e especificáronse con maior precisión as competencias dos titulados en podoloxía.
Competencias que deben adquirir os estudantes
1. Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da podoloxía e pediatría
2. Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e quirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé
3. Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e evaluar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, ciruxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ou educativo, baseado na Historia clínica
Nesta mesma Orde especifícanse os piares básicos na formación Universitaria da Podoloxía como son:
a) Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado
b) Coñecer e aplicar a farmacoloxía específica de uso podolóxico. Coñecer e utilizar a farmacoloxía pre e post quirúrxica, os tipos de anestesia en podoloxía e técnicas de aplicación
c) Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de ciruxía da unlla, de ciruxía podolóxica de partes blandas, de ciruxía ósea e articular do pé
d) Aplicación de métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia
e) Coñecer e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamentos dos tumores no pé
f) Coñecer e saber tratar as complicacións e efectos secundarios derivados da aplicación das técnicas de ciruxía podolóxica y quiropodolóxica
É importante recordar que o podólogo ten facultade para prescribir fármacos así como capacidade de efectuar intervencións quirúrxicas.
O podólogo como profesional sanitario só pode exercer a súa profesión en centros sanitarios catalogados como tal pola autoridade sanitaria competente (RD 1277/2003 de 10 de outubro) así como prescribir e/ou confeccionar produtos ortopédicos para os seus pacientes de conformidade ao RD 1591/2009 de 16 de outubro.