Esmalte de unllas: Sí, pero con bos hábitos

As unllas son un anexo cutáneo moi sensible e relativamente fráxil. O seu coidado require constancia e bo facer, xa que se poden producir varias patoloxías na mesma, en moitas ocasións debido a infeccións por unha limpeza deficiente ou pedicuras demasiado agresivas.

Os esmaltes cosméticos que se aplican sobre as unllas dos pés danlle ‘vida’ aos nosos dedos e poden mellorar, a gusto de cada un, a estética dos mesmos. Pero estes esmaltes levan unha serie de produtos químicos que, ademais de asegurar a adherencia da ‘pintura’ á capa ungueal, tamén poden ser perxudiciais.

Problemas dos esmaltes

Cabe sinalar que non todos son iguais. Existen esmaltes medicamentosos que os podólogos/ as poden receitar para tratar infeccións ou outras patoloxías das unllas. Este tipo de produtos son un tipo de tratamento beneficioso para a saúde dos nosos pés.

Outro tipo de produtos, de características diferentes, son as lacas cosméticas. Segundo Juan Dios, presidente do COPOGA e secretario xeral do CGCOP, “danan a lámina ungueal e fan que a unlla se faga máis fina, perda brillo e rompa con máis facilidade”.

Se ao despintar as unllas observamos unha cor diferente do habitual, este sinal pódenos indicar que hai un exceso na pigmentación do esmalte, e que este permaneceu aí máis tempo do axeitado. Por iso, a cor ideal da capa ungueal debe ser próxima á que temos nos dedos das mans, encarnada, sen tender ao amarelo -que podería indicar unha infección- ou ao branco.

En calquera caso, engadir unha capa de laca cosmética sobre unha ferida ou unha infección pode empeorar a evolución das mesmas, xa que os axentes químicos non favorecen a rexeneración do tecido. Ademais, para aplicar estes esmaltes, o habitual é raspar a capa superior da uña para conseguir unha maior adherencia. Pero, así, estase a debilitar a capa protectora.

A fraxilidade ungueal {2}, que xeralmente causa fisuras ou roturas lonxitudinais ou transversais das unllas ( Onicorrexis), exfolación e separación ( onicosquicia), ou a separación da unlla do leito ungueal ( Onicolisis), son outros dos efectos máis comúns polo uso prolongado destas lacas. Estas patoloxías están, polo xeral, motivadas polos quitaesmaltes ou o uso prolongado de esmaltes ungueales. Tamén se pode producir un dano mecánico. É importante non agredir as cutículas, esa delgada franxa da pel que rodea as unllas: se se cortan, córrese o risco de contraer infeccións ou fungos.

Convén ter especial precaución coas ‘pedicuras agresivas’, nas que se cortan as unllas de forma errónea, empréganse instrumentos para limpar o bordo libre da unlla, retírase a cutícula e aplícanse produtos que poden afectar á queratina das placas ungueais.

Cabe lembrar que a decoloración das unllas (amarelo escuro, polo xeral), pode ser indicativo dalgún tipo de infección. Neses casos, e a pesar da pobre imaxe visual, non se recomenda aplicar un esmalte cosmético, que podería empeorar a situación, se non acudir a un podólogo para unha revisión.

Recomendacións no uso de lacas cosméticas para unllas dos pés

O ideal é empregar esmaltes especializados e cremas hidratantes -que se deben secar para evitar a proliferación de fungos e infeccións-. As lacas sen produtos tóxicos -como o formaldehído– son as ideais, xa que danan en menor medida as nosas unllas.

Tampouco deixar esas capas de pigmentación por moito tempo. A unlla debe respirar. Ademais, ao existir unha capa de cor por encima, é máis difícil diagnosticar problemas, polo que é conveniente revisar os dedos e as unllas a diario.

Ao quitar o esmalte, o ideal é eliminalo por completo. Deixar trazos por encima da zona ungueal pode levar á proliferación de fungos. Unha vez eliminada esta laca, aconséllase deixar descansar as unllas unha tempada, favorecendo a ventilación e a correcta hidratación das mesmas. En calquera caso, é moi recomendable realizar unha visita a unha clínica podolóxica, na que lle receitarán o tratamento oportuno para non comprometer a saúde dos nosos pés.

Os esmaltes cosméticos poden ser un plus para a estética das unllas, pero sempre que se sigan unhas recomendacións básicas.

BIBLIOGRAFÍA:

Abuso de esmaltes permanentes. (2021). [Blog]. Recuperado de: https://cgcop.es/abuso-de-esmaltes-permanentes/

Collgros, H. (2011). DISTROFIAS UNGUEALES. ETIOLOGÍA Y NOVEDADES TERAPÉUTICAS. En Revista Española de Podologia (22nd ed., pp. 116-121). Recuperado de: https://www.revesppod.com/Documentos/ArticulosNew/X0210123811501138.pdf