A SUDACIÓN DOS PÉS, IMPORTANTE FACTOR A TER EN CONTA

Estar expostos durante un longo período de tempo ao sol, realizar deporte e outros exercicios físicos poden provocar que o corpo suar, e que como consecuencia, os nosos pés súen e cheiren.

Concretamente durante o exercicio físico, a sudación pode chegar a superar o medio litro, tendo en conta que nesta articulación vaise acumulando a suor que baixa doutras partes do corpo por mor da gravidade. Debemos coñecer o dato de que os nosos pés teñen 250 000 glándulas de suor, por iso súan máis que outras partes do corpo.

O mal cheiro prodúcese cando a suor entra en contacto coas bacterias que temos na pel, producindo na súa descomposición amonio (hidróxeno e nitróxeno) e ácido graxo. Os problemas de sudación dos pés dáse maiormente nos adolescentes, aínda que a calquera persoa lle pode suceder.

A sudación excesiva ou hiperdrose é un problema pouco frecuente entre a poboación pero que debe levar a consulta. Esta afección produce suor en grande abundancia sen necesidade de realizar ningún tipo de esforzo físico nin habendo factores externos como a calor que puidesen aumentar a temperatura corporal.

Causas

O exceso de suor e con iso, o mal cheiro de pés non sempre vai ligado á falta de hixiene. Algúns factores que poden desenvolver a sudación son os seguintes:

  • Os cambios hormonais. As hormonas provocan os cambios e estes provocan refugallos que se eliminan maiormente a través das glándulas sudoríparas dos pés.
  • Existen certos alimentos que ao degradarse ocasionan moléculas causantes de mal cheiro
  • A tensión e a ansiedade son trastornos que provocan a liberación de hormonas e estimulan así mesmo as glándulas da suor. En contraste, os antidepresivos tamén poden causar o exceso de suor
  • Certas enfermidades metabólicas ou relacionadas co ril
  • Consumo de substancias tóxicas como o tabaco e o alcol
  • Infeccións por fungos e bacterias nos pés
  • Uso de calzado ou calcetíns que non permitan a correcta transpiración do pé. O recomendable é utilizar un calzado que sexa transpirable, co fin de facilitar a saída do vapor de auga. Tamén se debe evitar poñer os mesmos zapatos dous días seguidos xa que o zapato pode permanecer aínda húmido coa suor do día anterior. Os calcetíns de algodón son capaces de reter gran cantidade de auga, pero isto fai que terminen totalmente mollados e que sexa imposible a saída de suor cara ao exterior. Pola contra, os calcetíns de poliprolipeno, repelen tanto a suor que non poden xerar o gradiente necesario de eliminación do fluído cara ao calzado. Normalmente, o volume de sudación excede a capacidade de absorción de calquera tipo de calcetín ou media. O ideal sería que o calcetín reducise ao mínimo a humidade producida pola suor na pel.

Medidas preventivas para combater a suor dos nosos pés

  • Baño diario
  • Aplicar un secado correcto de pé, concretamente a zona entre os dedos
  • Calzado adecuado, transpirable
  • Cambio de calcetíns e medias ao longo do día
  • Ventilar ben os pés
  • Aplicar técnicas de relaxación se é necesario
  • Realizar unha dieta saudable

En ocasións, o mal cheiro de pés pode persistir e empeorar co paso do tempo ou mesmo ir acompañado dalgunha infección. Se se dá o caso é recomendable acudir ao podólogo para coñecer, a través da exploración, se é causado por factores bacterianos ou micóticos, e determinar cal é o tratamento adecuado. Existen varios que o podólogo lle pode prescribir, desde sprays antitranspirantes ata fórmulas maxistrais específicas para o exceso de sudación (hiperhidrose) e o mal cheiro (bromhidrose).