Equipo Nómada: “Na vida hai moitos pequenos lugares a onde chegar para poder mellorar o mundo”
Equipo Nómada é unha ONG de axuda á saúde e o benestar de grupos en risco de exclusión social. Entre as súas iniciativas atópase a concienciación sobre o coidado dos pés. Para iso, nas súas filas contan, entre outras, con dúas podólogas, as doutoras Marta Grela Fariña e Iria Somoza Paz. Elas cóntannos todo sobre a súa nova iniciativa.
Como xurdiu o proxecto de Equipo Nómada?
Fai máis de 4 anos, embarcámonos por primeira vez na aventura da axuda humanitaria, participando en proxectos sociosanitarios en Marrocos. Con tan só dous breves viaxes, decatámonos de que nos sabía apouco, e decidimos mudarnos durante uns meses tras acabar a carreira. Así comezou a que consideramos unha das mellores experiencias da nosa vida. Xa de volta en España, co transcurso dun par de anos inmersas no mundo profesionl, decidimos que esa experiencia non podía quedar aí.
En pleno confinamento a inquietude e as ganas de escribir a nosa propia historia, fixo que aunáramos forzas cinco profesionais sanitarias, e fundáramos a nosa propia ONG Equipo Nómada. Sempre cremos que na vida hai moitos pequenos lugares a onde chegar para poder mellorar o mundo. Esa é a nosa misión principal.
En que consiste o voso traballo?
O noso principal obxectivo é realizar actuacións para favorecer o benestar de persoas en risco de exclusión. Para iso, realizaremos en primeiro lugar traballos de campo nas rexións onde teñamosintención de actuar. Nestes traballos analizaremos a prevalencia de patoloxía, e poremos en marcha os proxectos necesarios para tratar as necesidades reais e cuantificadas de cada especialidade sanitaria.
Neste 2021, se a pandemia o permite, realizaremos o noso primeiro proxecto en Camerún e continuaremos os proxectos iniciados en Marrocos. No tocante a Camerún, será o noso primeiro viaxe á rexión, onde queremos realizar un traballo de campo cuantificando as necesidades sanitarias actuais.
No ámbito da podoloxía faremos un examen do fundamento de método Ponseti e, no seu caso perfeccionamento, así como das patoloxías podolóxicas presentes, con posibles campañas cirúrxicas no caso de requerimento. No ámbito da diversidade funcional realizaremos a planificación e instauración de salas multiterapia onde poder tratar mediante terapia física aos pacientes que o requiran. En Marrocos, sen embargo, o traballo de campo xa está realizado.
Hai concienciación sobre o coidado e a saúde do pé nesas zonas?
Dado que a nosa principal rexión de traballo nestes momentos son países africanos, cabe esperar que a concienciación e o coidado, son limitados. Analizar estas rexións conleva aclarar que Marrocos, por exemplo, conta cun alto porcentaxe en situación de pobreza absoluta, o 79’4% das cuais viven no mundo rural. Esta situación fai presaxiar que a saúde podolóxica é moi distinta á europea.
O calzado inadecuado, a escaseza de transporte, o traballo rural, a incapacidade de acceso á sanidade privada e o nivel sociocultural baixo fan que a concienciación sobre o coidado podolóxico sexa moi baixa ou nula. A nosa experiencia previa en Marrocos así nolo confirmou. A nivel mundial son 5 millóns de persoas as que non teñen acceso a unha atención cirúrxica asequible. Cada ano 77’2 millóns de persoas vense afectadas por discapacidades que poderían ser resoltas con cirurxía.
A exclusión social dalgúns colectivos como discapacitados, menores, mulleres ou homosexuais, é aínda hoxe en día un dos problemas estructurais cos que conta Marrocos. A diabetes afecta a un 6’6% da poboación, é decir, 1’5 millóns de persoas. O pé diabético é unha complicación que presenta entre un 5-10% dos casos. Esta enfermidade é responsable de altas taxas de mortalidade prematura e discapacidade, relacionada en gran medida como consecuencia das complicacións dexenerativas. Isto fai que o manexo da enfermidade sexa complexo e custoso para as institucións e pacientes. Estes feitos subraian a necesidade de poñer en marcha estratexias preventivas máis efectivas.
A cirurxía podolóxica xoga un papel esencial no tratamento desta patoloxía. Diferentes estudos demostran que a prevención de ulceración mediante cirurxía preventiva minimiza os casos de ulceracións en pacientes evitando complicacións e amputacións do membro inferior.
Cal son as patoloxías podolóxicas máis comúns?
Entre as componentes de Equipo Nómada sumamos máis de 31 meses vivindo no país e coñecemos as necesidades sendo, en ámbito xeral, a infancia con diversidade funcional, as persoas maiores ou con recursos socioeconómicos limitados, as poboacións máis vulnerables e beneficiadas das nosas actuacións.
No terreo podolóxico, o pé zambo instaurado, non tratado ou yatroxénico, en neos ou adolescentes, así como o astrágalo vertical ou os pés equinos, son as patoloxías máis limitantes que nos encontramos con certa asiduidade. Cabe destacar que os tratamentos quiropodolóxicos teñen vital e esencial importancia. Os helamos pétreos, neurovasculares, onicogrifose e onicomicose, son patoloxías que tratamos a diario nos nosos proxectos e que seguiremos facendo durante todas as nosas estancias.
Cremos que sendo un tratamento económico, que non require unha curva de aprendizaxe tan elevada como o cirúrxico, por exemplo, é un dos cales se poden beneficiar a maioría dos nosos pacientes.
Nas últimas semanas comentasteis nas vosas redes sociais o problema dos pés zambos e o seu tratamento deficiente nestes países, sobre todo na infancia. Cal son as vías de actuación para correxir este problema?
Na última década, o tratamento gañou importania na corrección da deformidade do pé zambo. De feito, as últimas revisións sistemáticas amosan que o método Ponseti é o réxime de tratamento máis exitoso para o pé zambo conxénito, cunha taxa de corrección inicial de en torno ao 100% dos casos nos últimos estudos publicados. A perfecta manipulación é a clave para unha total e rápida corrección.
O método consiste na aplicación seriada de xesos cunha técnica determinada cada 4-7 días. O número necesario de xesos variará en función da rixidez e deformidade, así como da técnica do profesional. Nun 90% dos casos é necesaria e deformidade, así como da técnica do profesional. Est procedemento é ambulatorio e realízase baixo anestesia local e cunha incisión de 1 mm. Tras dita tenotomía colocarase un xeso durante unhas 2-3 semanas. Alcanzada a corrección desexada débese comezar a ferulización da deformidade ata os 4-5 anos de idade, dadoque a férula non corrixe, senon que mantén a posición alcanzada na fase anterior.
En nenos maiores, adolescentes ou adultos, cando o método anterior non sexa suficiente, tratarase dita deformidade coa última fase descrita do método Ponseti, cunha transposición tendinosa mediante mínima incisión. Previa colocación dos xesos ata acadas a educación necesaria, normalmente entre 1-3 xesos. Trátase dun método efectivo e económico ideal para utilizar en países onde os recursos son limitados.
De que maneira se pode apoiar o proxecto de equipo Nómada?
Principalmente, o que necesitamos neste é apoio económico e difusión. Para comezar a desenvolver estas propostas, necesitamos adquirir os medios e materiales necesarios, e todo iso conleva un gasto económico. Creamos un espazo solidario en liña onde adquirir produtos para colaborar cos proxectos.
Para obter a maior viabilidade posible dos nosos proxectos queremos respaldalos con investigación sanitaria para cuantificar as necesidades e o impacto das nosas actuacións.