Unllas que se clavan. Solución definitiva

Un problema moi común nos pés son as unllas que se clavan ou incarnadas. Moita xente acude ao podólogo de maneira regular para poder vivir sen as molestias e dores que este problema ocasiona e que, a miúdo, é menospreciado pola xente que non o padece. O certo é que esta patoloxía pode ser moi incapacitante. O mellor é poñerlle solución definitiva cantos antes para que non se complique e para non ter que estar na consulta de podoloxía frecuentemente.

As unllas son máis duras ca pel cas rodea. Por iso é posible que se den casos nos que a unlla crece de maneira incorrecta e faino clavándose na pel. Isto pode provocar calosidades e infeccións nas que se pode acumular pus. Un mal corte de unllas ou un golpe ou traumatismo nos dedos pode derivar en situacións moito peores. Unha unlla incarnada pode provocar problemas ao camiñar como consecuencia de que se modifica a pisada e viceversa.

A cirurxía podolóxica é un campo da podoloxía descoñecido por un sector amplo da poboación. Os podólogos están capacitados para levar a cabo intervencións cirúrxicas no pé para tratar as patoloxías do mesmo. Unha boa parte das técnicas empleadas na actualidade son de mínima incisión, peor non todas as patoloxías se poden correxir desta maneira e requiren de cirurxía a campo aberto ou tradicional.

Dentro das intervencións que pode realizar un podólogo, unha das máis comúns, sinxelas e agradecidas é a que se practica para tratar as unllas incarnadas. A cirurxía de unllas ou cirurxía ungueal é a que se leva a cabo para corrixir problemas nas unllas dos pés. Son intervencións que se plantexan cando os tratamentos conservadores non obteñen resultados satisfactorios, por exemplo cando hay que cortar o lateral ou laterales de unlla que se clavan de maneira recurrente, ou cando o estado da patoloxía da unlla xa está avanzado.

Existen diferentes técnicas cirúrxicas para tratar as patoloxías ungueales en función da patoloxía e das propias características do paciente. É unha práctica común nas clínicas de podoloxía que se leva a cabo de maneira ambulatoria e con anestesia local.

Unha das técnicas que habitualmente se utiliza nas cirurxías de unlla é a matricectomía ungueal. Consiste en extraer o lateral da unlla que está incarnada desde a matriz, que é a zona que produce a unlla. É unha intervención breve, que realiza un corte recto e limpo sobre a lámina da unnla e que deixa un aspecto saudable no pie do paciente.

A matricetomía química ungueal, unha das técnicas máis usadas, é unha intervención sinxela, que soluciona o problema das unllas incarnadas en practicamente a totalidad dos casos sen dor, sen complicacións postcirúrxicas e que se pode realizar en consulta. Nesta téncica non se corta a pel, tan só a unlla, e para asegurar que o segmento da unlla que se clava non volve a crecer, cauterízase a matriz ungueal con líquido específico. A volta ás actividades diarias normais é inemdiata na gran maioría dos casos, aínda que en situacións específicas se pode recomendar reposar o pé nunha posición elevada durante o mesmo día despois da intervención. Tras a cirurxía hai que realizar curas diarias na casa e acudir ao podólogo para revisar a evolución cando este o considere necesario. O alta definitiva soe darse entre as dúas e as catro semanas.

Así pois, aquelas personas que sofren de unllas incarnadas, consulten co seu podólogo, porque ten solución sinxela e definitiva.