Tres podólogas contan a súa experiencia no Día da Muller e a Nena na Ciencia

A podoloxía é unha ciencia sanitaria; eo porque estuda, investiga sobre a saúde dos pés e faino, ademais, buscando mellorar a calidade de vida das persoas.

Non en balde é unha das tres profesións con autoridade para receitar medicamentos en humáns e, por suposto, para diagnosticar.

Para conmemorar este 11 de Febreiro o Día da Muller e a nena na Ciencia imos entrevistar a tres mulleres podólogas de diferentes xeracións: Noelia Castiñeira, graduada recentemente; Cristina González, que conta con varios anos de experiencia clínica; e Julia Janeiro, cunha ampla traxectoria clínica e que ademais é docente.

En que ano te graduaches en Podoloxía?

N. C.: 2020

C. G.: 1997

J. J.: 1985

Recordas cantas mulleres érades na túa promoción?

N. C.: Cerca de 30.

C. G.: Non o recordo exactamente, pero a mayioría.

J. J.: Non me lembro. Naquela época só había facultade en Madrid Barcelona. Todos éramos enfermeiros antes. Recordo que había bastantes mulleres, aínda que eran máis homes.

Cantas profesoras tiveches durante a carreira?

N. C.: 10

C. G.: Non máis de tres. Maioritariamente eran homes.

J. J.: Máis ou menos á par, pero había algún home máis.

Por qué decidiches estudar Podoloxía?

N. C.: Polo seu nexo coa sanidade o o interese polo pé diabético.

C. G.: Quería unha carreira sanitaria e esta era prácticamente nova.

J. J.: Por un tema familiar. Desde que estudaba enfermería fóronmo inculcando un poco. Estaba facendo matrona e probei. Simultaneeino con Podoloxía e encantoume.

Que opinaban na túa familia?

N. C.: Estaban contentos coa decisión.

C. G.: Gustoulles a idea.

J. J.: Inculcoumo o meu pai. Eu desde cativa vivín rodeada de sanitarios. Por iso fixen enfermaría. E tamén para ter a opción de exercer liberalmente. Naquel momento, aínda que podía traballar na seguridade social, era unha alternativa para exercer unha profesión libre fóra de horas de traballo.

Cando conseguiches o teu primeiro traballo como podóloga?

N. C.: Aínda continúo formándome.

C. G.: No ano 1997.

J. J.: Inmediatamente despois de terminar a carreira na Universidade de Barcelona. Ía vir para montar unha clínica en Galicia e chamáronme para dar clase na universidade. E non só aí, senón tamén noutras clínicas de Barcelona.

Dirixes a túa propia clínica?

N. C.: Non

C. G.: Actualmente non.

J. J.: Agora mesmo non. Teño clínica, pero non a levo eu. Están actualmente seis podólogas, pero eu agora mesmo só me adico á docencia.

Cres que tes máis pacientes homes ou mulleres?

N. C.: NS/NC

C. G.: Tiña máis mulleres ca homes.

J. J.: Vía moitas máis pacientes mulleres.

Como ves a podoloxía na actualidade?

N. C.: A profesión é sumamente útil e beneficiaria para o paciente aínda que  todavía existen persoas reacias a ela.

C. G.: Creo que avanzou moito en canto a tratamentos. Conseguiuse estar dentro de unidades de pé diabético no ámbito hospitalario e centros de saúde. Hai podólogos especializados en diferentes áreas e faise investigación en podoloxía.

J. J.: Véxoa con moito futuro. Sobre todo porque os Consellos e os Colexios están moi implicados co Ministerio de Sanidad e a Consellería para conseguir que la podoloxía entre na seguridade social.

E no futuro?

N. C.: Creo que é unha profesión con moito potencial, sobre todo orientada á ortopodoloxía, respecto ao tratamento de patoloxías osteoarticulares, musculares e tendinosas.

C. G.: No futuro creo que sería importante estaren incluídos no sistema sanitario de saúde, de cara a alixeirar os custos sanitarios e listas de espera. Gustaríame que se fixera máis investigación en podoloxía, penso que nos beneficiaría a todos. Unha profesión, e máis esta que é sanitaria, non avanza sen investigación.

J. J.: Véxoo moi ben. Nós temos p referente de Estados Unidos e a podoloxía en España é de gran calidade.