É bo para os pés andar descalzos?

Co paso dos anos quizais se perdeu o hábito de camiñar descalzos nas nosas casas xa que o calzado pódenos protexer de calquera impacto co terreo, de danarnos a pel, do frío, entre outros aspectos. Aínda así moitas persoas despois da súa xornada laboral ou de pasar todo o día fora deciden quitar os zapatos e andar descalzos xusto no momento de chegar ao seu fogar xa que afirman sentirse máis cómodos e relaxados. 

Vantaxes de camiñar descalzo

  • Estimula os músculos do pé. O calzado provoca presión e humidade no pé. Ao camiñar descalzos na casa os músculos que realizan pouco movemento polo uso continuo do calzado durante o día poderán estimularse e traballar en dito momento
  • Libera o estrés. Hai que ter en conta que o pé contén moitas terminacións nerviosas polo que necesitamos que a planta do pé teña contacto directo co chan para liberar o estrés acumulado e fortalecer o sistema nervioso. O recomendable é que cada día o pé teña contacto directo co chan, e o máis fácil será que o fagamos na casa
  • Mellora o fluxo sanguíneo. O contacto dos músculos con superficies como terra, céspede, parqué, entre outras texturas e superficies, mellora a circulación sanguínea
  • Desenvolvemento cognitivo dos bebés. Os podólogos recomendan que os máis pequenos camiñen descalzos xa que é un aspecto favorable para o seu crecemento. A través dos pés poden captar información do exterior polo que non deben estar todo o día co pé cuberto
  • Elimina a tensión muscular dos pés de persoas anciás. As persoas maiores son as que pasan máis horas sentados e na mesma posición polo que é beneficioso para a saúde que reduzan ao máximo a tensión dos músculos do pé  

Deixar o calzado na porta da casa é unha costume considerada como saudable. Moitas bacterias acumúlanse a diario na sola do zapato ao camiñar pola rúa. Hai estudos que afirman que existe unha alta taxa de transferencia de bacterias no momento en que pisamos o solo da casa. Por isto, se nos acostumamos a deixar o calzado na entrada haberá menos probabilidades de infección.

Cando camiñemos descalzos ten que ser por unha superficie limpa e que non haxa alteracións estruturais.  

En calquera caso é necesario coñecer a morfoloxía do pé e en base a isto ver o que é mellor para a súa saúde.