Non todo se limita a pronar ou supinar

No momento da compra de calquera tipo de calzado, especialmente o deportivo, pode xurdir a dúbida de se somos supinadores ou pronadores. Estes movementos son de especial relevancia na nosa pisada, polo que unha correcta elección á hora de decidirse por unha zapatilla ou outra pode supor grandes diferenzas para os nosos pés.
Es pronador ou supinador?
O pé divídese en 3 partes: retropé, mediopé e antepé. Cada un deles pode realizar diferentes movementos (ICOPCV, 2015). A pronación e a supinación son dous tipos de movementos, como poden ser a flexión e a extensión das extremidades.
Se observamos o pé dende atrás, a supinación é o movemento rotatorio que se realiza no sentido das agullas do reloxo (levantando a zona interna do pé) e a pronación é o movemento que se realiza no sentido contrario (levantando a zona externa). Estes movementos son normais sempre que non se produza un exceso ou defecto dos mesmos na cantidade de movemento, ou no tempo durante o que se manteñen.
O pé divídese en 3 partes: retropé, mediopé e antepé. Cada un deles pode realizar diferentes movementos (ICOPCV, 2015). A pronación e a supinación son dous tipos de movementos, como poden ser a flexión e a extensión das extremidades. Se observamos o pé dende atrás, a supinación é o movemento rotatorio que se realiza no sentido das agullas do reloxo (levantando a zona interna do pé) e a pronación é o movemento que se realiza no sentido contrario (levantando a zona externa). Estes movementos son normais sempre que non se produza un exceso ou defecto dos mesmos na cantidade de movemento, ou no tempo durante o que se manteñen.
A supinación ou a pronación non son valores absolutos, xa que cada pé é diferente, e as pisadas ocasionan unha serie distinta de ángulos e presións que poden ir variando. Rojano Ortega, D. et al (2009), sinalan o seguinte:
Según estemos andando, corriendo o marchando y, dependiendo de la velocidad a la que lo estemos haciendo, los valores máximos de pronación y de supinación serán distintos. Es importante conocer cuáles son los rangos normales de pronación y de supinación durante un ejercicio y los problemas que se pueden derivar de unos valores excesivos de los mismos.
Coloquialmente, por exemplo nas tendas de deporte ou calzado onde se realizan supostos “estudos da pisada”, adóitase dicir que unha persoa é “pronadora” ou “supinadora” simplemente atendendo á inclinación do talón respecto do chan, o que supón un erro básico, xa que non se teñen en conta moitas outras variables importantes. Ademais, o feito de contar cun pé “pronador” ou “supinador” non é necesariamente malo, pero sí é certo que a desviación ou un exceso destas calidades pode ocasionar unha serie de problemas. O feito de ter un pé neutro tampouco garante a ausencia de lesións derivadas.
Ante calquera dúbida, e coa finalidade de realizar un diagnóstico correcto que axude a corrixir calquera problema, recoméndase acudir a un podólogo para a realización dun estudo biomecánico completo en clínica.
En condicións normais, todo o mundo prona ou supina
Ao acudir a unha tenda de calzado -especializada en deporte, por exemplo-, os traballadores da mesma poden orientarnos seguindo as premisas que nos deu o podólogo, en virtude das características do produto que teñen á venda. Certos modelos de zapatillas son máis ideais que outros, xa que se adaptan ás distintas formas do pé, pero pode non ser suficiente.
A maioría das zapatillas “para pronadores ou supinadores” só compensan os movementos en retropé e nunha cantidade estándar, polo que a moita xente non lles irá ben. Primeiro débese facer un estudo biomecánico para saber se son beneficiosas ou se se necesita unha zapatilla neutra e unha soleta personalizada para o seu caso concreto.
Varios estudos sinalaron que só co uso de calzado deportivo non se conseguen mellores resultados á hora de evitar lesións no pé. Knapik et al, (2010) realizou un estudo no que se asignaron zapatillas con distintos niveis de amortiguación a unha serie de soldados. Nas conclusións apunta que, sen o uso de soportes plantares personalizados, non existe unha gran influencia no risco de lesión e que, se só se realiza unha inspección visual da forma plantar en carga estática, o mellor é empregar zapatillas (en bo estado), sen grandes amortiguaciones.
Categorizar un pé como supinador, plano ou pronador é simplificar tanto a cuestión, que pode chegar a ser prexudicial para a nosa saúde. Segundo un estudo de campo realizado por González de la Rubia no EDP Rock n Roll Madrid Maratón & ½. 2017, o 30,2% dos atletas realizouse o estudo da pisada na tenda. E só un 11,4% utilizaban soletas.
Polo tanto, non é suficiente co asesoramento dos profesionais das tendas de roupa deportiva. Non se recomenda o uso dun tipo de zapato ou plataforma plantar pre-moldeada xa que, sen o informe médico ou podolóxico, poderíase estar a constituír un caso de intrusismo profesional, ademais do potencial risco para a saúde.
Bibliografía
González de la Rubia AM. [Estudio de campo] EDP Rock n Roll Madrid Maratón & ½. 2017
ICOPCV. 2015. Las tres grandes mentiras de la diferencia entre pronador y supinador. [online] Recuperado de: https://www.icopcv.org/entrada_podologia/las-tres-grandes-mentiras-de-la-diferencia-entre-pronador-y-supinador/
Knapik, JJ et al. Injury reduction effectiveness of assigning running shoes based on plantar shape in marine corps basic training. Am J Sports Med. 2010 Sep;38(9):1759-67.
Rojano Ortega, D. et. al, 2009. Análisis de la pronación y supinación subastragalinas en la marcha atlética. En: APUNTS. pp.51-58.