A podoloxía nos xogos olímpicos

Un equipo de profesionais da podoloxía acompañará aos deportistas españois á súa cita olímpica nestes Xogos. O vínculo desta especialidade sanitaria co Comité Olímpico Español (COE) remóntase ao pasado 2018, cando acompañaban aos deportistas nas súas citas internacionais achegando material clínico e demais. Agora, dáse un paso máis e tamén se vai a levar a especialidade ata a mesma residencia na que se aloxará a delegación española.

Este 2021, o COE apostou por velar pola saúde dos deportistas españois, poñendo á súa disposición os servizos e a tecnoloxía dun equipo de podólgos, que ademais, están especializados no traballo coa alta competición. Deste xeito, permite ademais cubrir a diversidade de situacións e patoloxías que poden xerar disciplinas tan variadas.

Os deportistas do COE contarán cos servizos dun podólogo, que se desprazará coa delegación médica para proporcionar os tratamentos podolóxicos que precise o equipo español.

A unidade podolóxica contará con todo o material  necesario para coidar a pisada e a saúde dos pés dos deportistas en cada paso que – literalmente – dean nos Xogos. Non podemos esquecer que é un evento especialmente importante na traxectoria destes deportistas no que o coidado da saúde dos pés e da pisada é algo verdadeiramente fundamental – ao ser tantos días de intensa competición nos que o desgaste, o calendario e a tensión poden xerar doenzas e outros problemas que requiran dun tratamento inmediato.

Para todos estes profesionais do deporte, a  podoloxía é algo que pode marcar un punto de inflexión na súa carreira. A podoloxía deportiva estuda e trata o pé nos diferentes ámbitos da práctica do deporte, tendo como obxectivos: mellorar o rendemento do deportista e previr lesións.

Durante a práctica deportiva o pé sofre múltiples deformacións debidas ao gran impacto que recibe e é entón cando adquire especial importancia unha correcta función do pé. Para poder asumir estas funcións é necesario un perfecto funcionamento  biomecánico do pé que se valora mediante un estudo Biomecánico. Nos casos nos que sexa necesario compensar o pe, xa sexa para aumentar o rendimento, disminuir o risco de lesión ou por algunha patoloxía en concreto, o podólogo prescribirá o tratamento adecuado, como poden ser as soletas a medida, fisioterapia, exercicios específicos ou vendaxes entre outros.

As soletas son ao pé o que as lentes aos ollos. Cada deportista é único e cada disciplina ten unhas características que hai que coñecer, de aí a insistencia dos especialistas en realizar o deseño das soletas de forma totalmente personalizada, despois dunha exhaustiva exploración do pé e do nocello. O estudo biomecánico tamén serve para indicar ao deportista o tipo de calzado mais axeitado para as suas características personais. 

En definitiva, esta pequena decisión tomada por parte do COE supón un gran paso no recoñecemento da importancia da podoloxía, non só no ámbito deportivo, senón na importancia que esta disciplina ten para a saúde en xeral. Unha maneira perfecta de visibilizar a nosa profesión a ollos de toda a nosa sociedade.