a podoloxía e a Esclerose lateral amiotrófica

Hoxe, 21 de xuño vólvese celebrar o Día Mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica, coñecida popularmente como ELA. Este día de celebración foi impulsado polas asociacións de pacientes co obxectivo de concienciar sobre esta enfermidade, unir forzas e esixir máis investigación para poder lograr un aumento na esperanza de vida destes pacientes ou, canto menos, un incremento do seu benestar.

Moitas veces escoitamos falar da ELA pero, pouca xente coñece exactamente que síntomas causa esta enfermidade. Este tipo de esclerose é unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso – concretamente afectas ás neuronas motoras, isto é as células encargadas de transmitir a orde do movementeo voluntario do cerebro a os músculos. Esta enfermidade afecta a máis de 3.000 persoas en España, convertíndose na 3º enfermidade neurodexenerativa máis común. A día de hoxe, non existe cura.

A ELA caracterízase por provocar unha parálisis muscular progresiva, debido á dexeneración destas neuronas motoras que incapacita ó cerebro de iniciar e controlar o movemento muscular. Deste xeito, os pacientes ven como a medida que enfermidade avanza, ven afectada a súa actividade muscular voluntaria esencial, que afecta a procesos tan básicos como a fala, a respiración, a capacidade para comer ou camiñar. Dado o seu carácter progresivo e irreversible fai que os pacientes se encamiñen de cara á parálisis completa.

O feito de que non exista unha cura, fai que o seu tratamento só teña o obxectivo de paliar os síntomas, tentando mellorar a calidade de vida de todos esos pacientes que sofren esta enfermidade. Aquí, é onde entra en acción a podoloxía e os seus especialistas.

Según un estudo realizado na unidade multidisciplinar do Hospital de Bellvitge, os desequilibrios musculares que adoitan sufrir estes pacientes fan que unha elevada porcentaxe destes presenten dedos en garra (estaríamos a falar dun 57,14% nos pacientes de orixe espiñal e un 40% nos de orixe bulbar). Isto pode explicarse debido a unha maior forza muscular dos músculos flexores largo e corto dos dedos respecto ós músculos extensores dos dedos.

Por outra banda, aparecen edemas como resultado da insuficiencia linfática – que conduce a un proceso inflamatorio progresivo que se manifesta con molestias e infecciones – que acaba por facer mella na calidade de vida do paciente. Os pacentes que son incapaces de realizar unha marcha autónoma e que son usuarios de sillas de rodas presentan mais frecuentemente esta doenza. Á hora de reducir este linfedema á mellor opción é optar pola elevación da perna e a aplicación de vendaxes, xa que non é recomendable a administración de diuréticos nestos pacientes. 

A maiores, con este estudo observouse unha forte presenza simultánea de onicomicose e edemas. Isto débese a que ditos linfedemas facilitan a proliferación de infeccións e, por ende, posibles onicomicoses. Non obstante tamén atopáronse outras doenzas similares, aínda que con incidendencias máis baixas como ben pode ser o Síndrome das unllas amarelas (SUA) – que se caracteriza por unha tríada composta por afección pulmonar (derrame pleural), a aparición das unllas amarelentas e os linfedemas das extremidades.

Respecto á musculatura da extremidade inferior puidose observar que a enfermidade comeza concentrado nun punto e pouco a pouco vaise estendendo polo resto do corpo. Non obstante, neste estudo non se diferencio a aqueles pacientes que presentaron síntomas iniciais no pé en contraposición a aqueles que iniciaron os síntomas na extremidade superior.  O que si que presentan en común todos eles é a orde de afectación de maior a menor impacto dos músculos do pé: extensor del Hallux, extensor común dos dedos e peroneos. Tamén que nestes pacentes se da con maior frecuencia unha limitación da flexión dorsal de tobillo de mais de 10º, o que influe na marcha e no desenrolo de patoloxías podolóxicas.

Polo tanto, o podólogo pode axudar a estes pacientes para mellorar a súa calidade de vida tratando estas doenzas podolóxicas. As características da enfermidade fan que as persoas que padecen ELA, sobre todo cando ainda conservan a capacidade de camiñar, sexan propensas a sufrir helomas (“callos”) tanto na planta dos pes como no dorso dos dedos, así como onicocriptosis (uñas cravadas) e roces susceptibles de infeccións, que poden chegar a ser importantes con relativa facilidade e rapidez dependendo do estado circulatorio. Por esto e interesante realizar quiropodias periódicas nas que, aparte de realizar un corte correcto das uñas que se clavan e tratar as posibles durezas e helomas, o podólogo faría un control do correcto estado de saude do pé.

Tamén sería moi interesante que o podólogo actuase ante aqueles pacentes que aínda conservan unha marcha autónoma: coa realización dun estudo  biomecánico e procurando realizar as compensacións necesarias de cada paciente -facéndoo sentir á vez máis seguro durante a deambulación- deste xeito, prolongaríase o máximo de tempo posible a fase de deambulación autónoma. Isto poderíase levar a cabo mediante o estudo e confección duns soportes plantares individualizados para cada paciente ou a aplicación de  férulas que manteñan o pé nunha posición de 90º evitando así os tropezos e caídas e á vez introducindo na mesma  férula un soporte plantar individualizado realizando as compensacións necesarias. Ademais, o podólogo, pode recomendar o calzado mais axeitado para cada paciente, dependendo das características da marcha de este, para axudarlle a aumentar a sua estabilidade e disminuir os roces e feridas.

Cando o paciente xa non é capaz de realizar unha deambulación e require de axudas ou se atopa nunha cadeira de rodas, o podólogo pode actuar a nivel da sintomatoloxía aguda que presente nese momento como é o caso da presenza dos edemas, dedos en garra ou  onicomicose. 

1. Flores Gonzáles, M., 2017. Descripción de las alteraciones podológicas en pacientes con Esclerosis Lateral Amiotrófica. Barcelona: Universitat de Barcelona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *