Helomas dixitais

Aínda que se trate dunhas das doenzas podolóxicas máis comúns, non todo o mundo sabe que é exactamente un heloma  e as circunstancias que o propician.

Agora ben, o  heloma (denominado vulgarmente ollo de galo ou ollo de pez), é un calo, moi doloroso, que se forma entre ou sobre os dedos dos pés. O feito de que se ocasione de dentro cara a fóra, por mor da fricción entre os ósos de ambos dedos ou co calzado provoca unha dor moi aguda e limitante.

Dependendo da súa natureza e das circunstancias que levan a cabo á súa aparición, atopamos dous tipos de helomas. O heloma duro, que  adoita aparecer na cara lateral do quinto dedo do pé e no dorso dos dedos menores, onde apréciase unha acumulación evidente de pel queratósica (“dureza”). Esta doenza xorde no dedo meñique, xa que, é o punto que sofre a máxima presión da curvatura do borde externo do zapato, en no dorso dos outros dedos polo roce contra a pala do calzado. No caso do heloma interdixital brando, aparece frecuentemente entre o cuarto e o quinto dedo, debido a unha maceración do tecido.

Hai diversas causas que explican a aparición destas molestas deformidades entre as que destacamos a presenza de osteofitos – prominencias óseas que se desenvolven nos bordos dos ósos, xeralmente, cando hai unha unión, isto débese a un desgaste dos ósos co tempo ou por un uso habitual dun calzado estreito, especialmente na punteira, que somete ó pé a unha forte presión. 

Deste xeito, tanto como medida de prevención ante este tipo de doenzas como para paliar a súa sintomatoloxía, é recomendado usar un calzado que suxeite o pé pero que non chegue a oprimir, por iso, non debemos usar un calzado que sexa máis estreito ca o noso pé. Ademais, hai que prestar especial atención a isto no ‘entre-tempo’, cando se segue a usar calzado de inverno, pero, as altas temperaturas conlevan a unha hinchazón dos pés, que poden xerar estas doenzas.

En ocasións, para eliminar estas molestias é necesario recorrer á ciruxía. En calquera, caso, antes de alcanzar esta  situación hai que profundar en cal é a patoloxía subxacente que produciu dita doenza. Esta ciruxía pódese levar a cabo de forma mediante a técnica de campo aberto ou mediante ciruxía de mínima incisión. En calquera das opcións, trátanse de operacións moi sinxelas, realizadas mediante anestesia local onde o paciente verá resolto definitivamente o seu problema sen a necesidade de sufrir unha longa ou molesta etapa post operatoria – de feito, o paciente sae camiñando polo seu propio pé.

Non obstante, en numerosas ocasións non é necesario chegar ata este punto. Ás veces, o mellor tratamento non é máis que unha boa prevención e coidado. A realización de  quiropodias periodicamente, colaborará á redución da acumulación queratósica. Tamén se poden facer ortesis de silicona –  son  moldes feitos con  elastómeros que o podólogo confecciona a medida no pé de cada paciente, o seu obxectivo é corrixir e protexer os dedos dos pés ou ben compensar a ausencia dalgún deles, tentando ocupar un mínimo espazo dentro do calzado  para evitar o rozamento dunha prominencia ósea. Se existe inflamación que empeore o cuadro, pode ser necesario un tratamento antiinflamatorio, xa sea farmacolóxico ou fisico. Por outra banda, para aumentar a efectividade destes tratamentos é necesario optar por un calzado ancho ou con boa suxección e de material flexible, que non comprima nen roce os dedos”

Aínda que é un problema bastante común, non afecta á todo o mundo por igual ou, canto menos, coa mesma frecuencia. As mulleres son máis dadas a sufrir esta doenza por unha sinxela razón: son as usuarias por excelencia dun calzado máis estreito, ríxido e de tacón. Tamén hai outra serie de colectivos máis propicios a ter estas doenzas, como ben poden ser todas aquelas persoas con deformidades nos dedos, cun pé ancho (o que xera a presión á hora de calzarse) ou con artrite, artrose ou os tan coñecidos ‘juanetes’.

A priori, pode parecer só un problema incómodo pero pode acarrear importantes consecuencias. Por exemplo, ás veces en lugar de chegar a formarse un calo (ou sobre el), a pel rómpese provocando unha ulceración sobre a prominencia ósea. A maiores, a pel ó estar inflamada e erosionada é máis propicia a sufrir infeccións por bacterias ou fungos. Esta molestia pode chegar a ser moi persistente como para xerar dor ó camiñar e incluso provocar problemas mais graves, sobre todo en pacentes de risco como os diabéticos ou as persoas con mala circulación.

Á hora de analizar esta doenza, adoita ser un proceso bastante simple. O paciente acude ó especialista por mor da dor ou do vulto, e normalmente, tras un examen visual o podólogo xa é capaz de identificar o heloma. En calquera caso, a miúdo é necesaria a realización dunha radiografía para saber unha serie de detalles de cara ó tratamento adecuado para o paciente.

Aínda que os helomas sexan problemas con fácil – e case indolora – solución, é un mal trago que nos podemos aforrar simplemente prestando especial interese ós nosos pés e acudindo ó podólogo periódicamente. Unha boa prevención sempre será o mellor remedio!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *