QUÉ É O PÉ EQUINOVARO?

O pé equinovaro é unha malformación conxénita, é dicir, que está presente dende o propio nacemento. Consiste nunha afección que involucra os pés e a parte inferior da perna cando o pé se curva cara a dentro e cara abaixo. Pódese manifestar nun ou en ambos pés.
Esta deformación do pé ocorre cando os tendóns e ligamentos tensos impiden que o pé se estire ata alcanzar a posición correcta.
Aínda que non é unha doenza estraña -cada ano nacen aproximadamente, 120 000 nenos con esta doenza- a súa orixe non está totalmente definida. A día de hoxe, atopámonos con diversas causas que explican a súa aparición:
- Etioloxía idiopática: causa descoñecida. Isto sucede en máis do 90% dos casos de pés equinovaros.
- Nun cadro sindrómico: como a artrogripose (mobilidade reducida en moitas articulacións do corpo).
- Nun cadro neurolóxico: como en casos de mielomeningocele (lesión medular conxénita).
- Pés equinovaros ‘posturais’: producidos pola compresión coa parede uterina. Son os casos máis fáciles de tratar e teñen un mellor prognóstico.
Moitos terapeutas coinciden en que cada vez vai collendo máis peso a orixe xenética, o que dificulta moito á súa prevención.
Malia as condicións xenéticas que conlevan a súa aparición, aotpámonos con pés equinovaros de distinta índole, xa que, o pé equinovaro pode ir desde un grao leve e flexible a grave e ríxido. Deste xeito, habería 3 tipos distintos de doenzas:
O pé equinovaro é unha malformación conxénita, é dicir, que está presente dende o propio nacemento. Consiste nunha afección que involucra os pés e a parte inferior da perna cando o pé se curva cara a dentro e cara abaixo. Pódese manifestar nun ou en ambos pés.
Esta deformación do pé ocorre cando os tendóns e ligamentos tensos impiden que o pé se estire ata alcanzar a posición correcta.
Aínda que non é unha doenza estraña -cada ano nacen aproximadamente, 120 000 nenos con esta doenza- a súa orixe non está totalmente definida. A día de hoxe, atopámonos con diversas causas que explican a súa aparición:
- Etioloxía idiopática: causa descoñecida. Isto sucede en máis do 90% dos casos de pés equinovaros.
- Nun cadro sindrómico: como a artrogripose (mobilidade reducida en moitas articulacións do corpo).
- Nun cadro neurolóxico: como en casos de mielomeningocele (lesión medular conxénita).
- Pés equinovaros ‘posturais’: producidos pola compresión coa parede uterina. Son os casos máis fáciles de tratar e teñen un mellor prognóstico.
Moitos terapeutas coinciden en que cada vez vai collendo máis peso a orixe xenética, o que dificulta moito á súa prevención.
Malia as condicións xenéticas que conlevan a súa aparición, atopámonos con pés equinovaros de distinta índole, xa que, o pé equinovaro pode ir desde un grao leve e flexible a grave e ríxido. Deste xeito, habería 3 tipos distintos de doenzas:
- Pé equinovaro postural: é un tipo flexible desta deformación.
- Pé equinovaro xenético ou idiopático: son os casos máis ríxidos e graves.
- Pé equinovaro relacionado con alteracións neurolóxicas: entre estas alteracións destacan a artrogripose e a mielomeningocele.
O feito de ser unha patoloxía, en xeneral moi marcada, moi evidente e presente dende o nacemento, fai que sexa, na maioría dos casos, rápidamente diagnosticada durante o recoñecemento médico xeral do recentemente nado a través dunha simple examinación da morfoloxía do pé.
Así, unha vez diagnosticado, realizarase unha exploración xeral do recentemente nado que permitirá diferenciar o pé equinovaro idiopático do neuromuscular, e descartar a presenza de malformacións conxénitas asociadas. Tamén se determinará o grao de irreductibilidade do pé mediante unha exploración dos compoñentes de deformidade e o grao de rixidez. Por último, valorarase a significancia dos pliegues cutáneos.
Como parte positiva disto: o feito de estar presente dende os primieros instantes de vida permitirán levar a cabo un tratemento moi temperá, permitindo corrixir dita malformación. De feito o ideal e que o tratamento sexa o máis precoz posible aspirando a corrixir todos os compoñentes da deformidade. Para iso, o ideal é inicialo dende o nacemento, cando o pé é máis fácil de reformar. Así mesmo, será fundamental o control continuo da evolución da corrección desta patoloxía por parte dun especialista.
O máis común adoita ser un tratamento ortopodolóxico que consiste na realización de estiramentos suaves e a colocación de férulas que mellorarán de forma paulatina a forma e posición do pé. Éste tipo de tratamentos, só son eficaces en alteracións flexibles e moderadas.
O seguinte tratamento mais común e o denominado método de Ponseti. Baséase na aplicación dun xeso ou férula que debe renovarse semanalmente e irá mellorando paulatinamente a posición do pé. O tempo necesario para acadar a corrección da deformidade depende do grado de deformación e rixidez inicial do pe. Unha vez a posición do pé estea corrixida, o neno terá que utilizar un dispositivo ortopédico especial durante as noites e as sestas unha temporada. En moitos casos, este tratamento pode combinarse cunha cirurxía sinxela para alongar o tendón de Aquiles -a miúdo o problema está relacionado cun tendón de Aquiles tensionado.
Nos casos máis complexos, pés ríxidos e estructurados, o pé equinovaro requirirá ciruxía reconstructiva. A técnica variará segundo a gravidade do pé equinovaro, entrando tamén outros factores na ecuación, como a idade do neno e os tratamentos aos que fora sometido previamente. En calquera caso, o neno estará baixo anestesia xeral durante toda a cirurxía, polo que non sentirá molestia algunha. Trala cirurxía, pode ser necesario colocar unha férula de xeso para afianzar a posición correcta. Dependendo da técnica empregada e as características do paciente, este poderá irse a casa nese mesmo día ou permanecer no hospital un par de días. Ademais, se lle pautarán analxésicos co fin de paliar a dor.
Tras quitarse o último xeso, o especialista indicará, na maior parte dos casos, o uso dun dispositivo ortopédico e probablemente remita ao neno a un fisioterapeuta que lle ensinará exercicios co fin de que fortaleza o pé e mellore a súa flexibilidade.
Aínda que a maioría dos casos corríxense a malformación definitivamente trala cirurxía, é posible que os nenos de idade máis avanzada necesiten outra intervención quirúrxica no futuro se aínda presentan deformidade no pé.
En definitiva, pese a que pode acabar sendo un problema bastante aparatoso, se o diagnóstico e tratamento son precoces, ten unha solución relativamente sinxela na maioría dos casos. O maior problema recae naqueles países nos que non hai unha sanidade pública de calidade. Isto, ocasiona que moitas persoas non reciban un tratamento correcto para esta patoloxía, facendo desta malformación un problema que afecta a realización das suas actividades diarias, xa que lles impide desplazarse con normalidade.