Qué é a onicomicose?

A onicomicose é unha das doenzas máis habituais entre os pacientes que acuden a unha clínica podolóxica. Esta doenza consiste nunha infección producida por fungos nas unllas dos pés. Adoita afectar máis a homes con problemas de circulación sanguínea e maiores de 60 anos, a pacientes con diabetes e a deportistas. A infección adoita producirse por fungos dermatofitos como o ‘Trichophyton  rubrum’ que son capaces de invadir as estruturas da pel queratinizadas como o pelo e as unllas. Tamén pode ser producida por fermentos como a ‘Candida albicans’ e fungos filamentosos non  dermatofitos como o ‘Fusarium  spp’.

O mais frecuente e que a infección comece nun dos dedos gordos do pé (ainda que pode facelo por calquera) e, se non se trata a tempo, pode estenderse ao resto de dedos. A onicomicose pode parecer unha alteración estética da unlla pero, nalgunhas ocasións poden favorecer a aparición de infeccións mais graves, dor e deformidade permanente da unlla. Supoñen un verdadeiro reto terapeutico e, en moitas ocasións son patoloxías crónicas de difícil solución, pondo reaparecer mesmo despois de recibir tratamento.

A onicomicose adquírese por contaxio, por contacto con superficies (chan, calzado…) contaminadas. Favorécese a transmisión e desenrolo coa presenza de humidade, principalmente no verán, cando os pés poden permanecer húmidos durante un tempo e, tamén si se frecuentan áreas coma piscinas e vestiarios públicos. Outras das razón principais da súa aparición é non secar ben os pés, especialmente, entre as dedos. Non obstante, hai outra serie de factores que contribúen á aparición destas doenzas como podería ser unha idade avanzada, inmunodeficiencias, diabetes, psoriase e evidentemente, convivencia con persoas con onicomicose. Xa que, ó ser unha enfermidade infecciosa, é tamén contaxiosa, deste xeito, pode afectar a un mesmo, estendendo a infección dunha unlla a outra ou a outras persoas a través do contacto directo. Además, tamén entra na ecuación un compoñente hereditario que fai que certas persoas sexan mais propensas a este tipo de infeccións.

O primer síntoma que indica a existencia da onicomicose é a variación da cor da unlla –  vólvese branca, amarelada e, mesmo, marrón co paso do tempo. Esta aparición de manchas ó comezo sucede no borde exterior ou o máis próximo á  cutícula, pero a medida que evoluciona vanse estendendo ao resto da súa superficie. Ademais, a infección pode causar o abrandamento da unlla e, como consecuencia, a deformación da mesma. A medida que esta infección aumenta poden aparecer outra serie de síntomas visibles na unlla como o engrosamento desta ou a deformidade que mesmo mostra  descamación. Tamén pode haber picor e, en casos avanzados, dor.

En calquera caso, non todas as manchas que poidan aparecer nas nosas unllas son estrictamente debido a esta doenza. Antes de facer un auto-diagnóstico é recomendable ir a un especialista, coma o podólogo, e que descarte outras posibles opcións. O prezo a pagar por un correcto diagnóstico sempre é moi inferior ao de levar a cabo un tratamento innecesario ou inapropiado, que ademais adoitan ser longos. É importante coñecer tamén o xénero e especie de fungo illado, xa que a orientación terapéutica é diferente en cada caso.

Hai 3 tipos de onicomicose: 

  • Onicomicose subungueal lateral  distal (OSLD): é o caso máis común. A infección comeza polo bordo libre da unlla ou por un lateral. En ocasións, por ambos á vez.
  • Onicomicose superficial (OBS): dentro deste fungo, atopámonos dous tipos de  onicomicose; a branca e a negra, onde o fungo acapara toda a unlla pero só o seu parte superficial sen chegar a atravesar ningunha das súas capa. É a que menos profundiza.
  •  Onicomicose distrófica total ( ODT): é unha  afectación completa da unlla e  do leito subungueal. Prodúcese por mor dunha evolución das onicomicoses anteriores. A unlla empeza a racharse, se  desmenuza e rompe.

Aínda que normalmente, tras un examen visual o podólogo saberá se se trata de onicomicose ou non, débese realizar un adecuado estudo do paciente, afondando na existencia de enfermidades de base, – como a diabetes- hábitos do paciente – contacto con auga, asistencia a lugares onde se anda descalzo e en ambiente húmido como piscinas, vestiarios… –  e profesión – pola exposición a traumatismos ou a produtos  irritantes. A historia e exploración do paciente debe incluír, ademais da lesión motivo da consulta, o resto da superficie corporal, buscando lesións satélites a distancia.

Non obstante, ás veces isto non é suficiente. Hai moitas patoloxías que comparten sintomatoloxía con estes fungos. Non todas as alteracións na cor das unllas ou no seu grosor teñen que significar a presenza de onicomicose. Así que, a miúdo resulta moi complicado diagnosticar isto sen facer unha proba complementaria como unha  recollida de mostra para cultivo. Esta debe realizarse antes de comezar o tratamento. A mostra ha de ser abundante recortando a unlla ata zona sa, se a houbese, e recollendo anacos de unlla e  detritus da parte inferior da placa  ungueal.

Asemade, para previr danos maiores, en canto atopemos un lixeiro cambio na cor da unlla ou a aparición dunha serie de mancha, débese acudir ó podólogo xa que e moi fácil (pasa frecuentemente incluso con outros sanitarios) que outras patoloxías que tamén afectan as unllas de maneira similar se confundan con onicomicose. Un tratamento a tempo freará a sintomatoloxía deseguido ademais de que evitará unha reaparición. 

En que consiste este tratamento? Pois, dependendo do tipo de fungo e do grao de desenvolvemento da infección, poderase adaptar a diferentes opcións. Pódense utilizar  antifúnguicos por vía oral ou tópica -a terapia tópica e a mais habitual debido aos seus escasos efectos secundarios. aínda que en moitas ocasións non e suficiente por si sola, O máis efectivo é o tratamento oral, combinada con outras opcións- a curación clínica é máis probable combinando tratamento oral e tópico e o saneamento periódico da zona afectada en consulta. Non obstante, cando é imposible realizar un tratamento  sistémico ou xorden problemas de saúde durante o tratamento poderase recorrer a procedementos paliativos como a eliminación de porcións  parasitadas polo fungo mediante a  exéresis parcial ou total das uñas afectadas. Tampouco podemos esquecer o tratamento con láser, consistente na radiación dun láser que transmite enerxía  lumínica a través da uña erradicando totalmente o fungo e permitindo o normal crecemento da mesma en poucas sesións e sen ningún efecto secundario. O feixe láser produce a destrución do fungo sen danar a  matríz da unlla nin a pel.

Tamén hai que levar a cabo unha serie de medidas co obxectivo de evitar a súa reaparición. Débense recortar as unllas, secarse ben os pés despois do baño, usar calcetíns  absorbentes. Os zapatos vellos poden conter unha alta densidade de  esporas e, de ser posible, non deben utilizarse.

Non obstante, tamén hai unha serie de técnicas que permitirán acelerar o tratamento ou servirán de barreira protectora. Primeiramente, recoméndase o uso dun calzado transpirable, que deixe respirar o pé. Esto debe vir acompañado dunha correcta hixiene, non só no tocante á limpeza, senón que ademais cómpre secar os pés correctamente -especialmente nas zonas interdixitais- e non compartir utensilios de hixiene -especialmente se algún dos involucrados posúe este tipo de afección.

A onicomicose, ó igual que en moitas outras doenzas podolóxicas, a solución está en nós mesmos. Cunha correcta hixiene, acudindo ó especialista periodicamente e seguindo correctamente o tratamento pautado, poderemos non só diminuir a súa gravidade, impedindo o seu desenvolvemento unha vez que estas aparezan senón que tamén poderemos  previr este tipo de enfermedidades.