A PODOLOxÍA ENTRE AS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN

O Síndrome de Down conleva diversas patoloxías que condicionan a marcha dos pacientes. É importante para as persoas con este síndrome coñecer e visibilizar os problemas podolóxicos que padecen, que en moitas ocasións condiciona o seu día a día. A podoloxía está para axudar e mellorar as condicións da vida cotiá das persoas con síndrome de Down.

Desde o Colexio de Podólogos de Galicia realizouse unha enquisa aberta entre diferentes asociacións de persoas con Síndrome de Down polo Día Mundial da Síndrome de Down para coñecer a súa relación coa podoloxía. De base, todas as persoas que participaron na enquisa coñecen a figura do podólogo.

Máis do 70% dos/as enquisados/as danll un grado alto ou moi alto ao coidado dos seus pés. Non obstante, só pouco máis da metade (o 57%) admiten ter acudido ao podólogo. Dos enquisados que si recoñecen ter visitado unha clínica podolóxica, case a metade acudiron por iniciativa propia, sen recomendación. Por outra banda, o consello de familiares é a segunda voz que máis escoitaron para decidirense a recibir atención podolóxica.

Aínda que son maioría os enquisados que teñen acudido algunha vez ao podólogo, só un 14% dos enquisados faino de maneira periódica. Un chamativo 85,7% non acude ao podólogo con frecuencia.

O podólogo axuda a tratar patoloxías moi diversas no pé e no nocello. A metade dos enquisados coinciden en ter acudido debido a que padecían durezas e calosidades. Por outra parte, outro dos problemas nos que máis coinciden son os pés planos. Case o 45% dos enquisados padecen pés planos.

Entre todos os enquisados, o 86% das persoas que teñen acudido ao podólogo valoran os tratamentos recibidos como bos ou moi bos. E case a metade dos enquisados recomendaron aos seus familiares que tamén acudían a unha revisión podolóxica. Sen embargo, só un de cada tres enquisados conta con familiares que acuden ao podólogo.

Ademais da relación coa podoloxía, é importante dar a coñecer que problemas podolóxicos afectan ás persoas con Síndrome de Down. Os calos son o problema máis común entre os enquisados, seguido de pés planos. Esta patoloxía é especialmente característica das persoas con este síndrome. Tamén hai unha porcentaxe chamativa de persoas que padeceron unllas que se clavan, dedos unidos, hallux varus, xoanetes e exceso de suoración.

Dos enquisados, apenas un 20% recoñece ter problemas de rozaduras e axuste co seu calzado. Máis dun tercio admiten utilizar plantillas feitas a medida. E menos dun 30% empregaron calzados ortopédicos.

Ante estes resultados, é importante recalcar os beneficios da podoloxía para as persoas con Síndrome de Down. Unha porcentaxe elevada das persoas enquisadas non acudiron ao podólogo e, sobre todo, non recibiron o consello de acudir ao podólogo. No Día Mundial da Síndrome de Down, desde Copoga chamamos a todas as persoas con Síndrome de Down a poñerse en mans de podólogos para mellorar o benestar dos seus pés.