Que pasa se estamos moito tempo de pé?

O ser humán non está deseñado para permanecer muito tempo nunha mesma posición, xa sexa sentado, tumbado ou de pé. Manter unha mesma postura sen moverse durante un tempo prolongado pode derivar en problemas de saúde. No ámbito laboral existen moitas profesións que requiren pasar horas e horas de pé. Estes traballos, á larga, desembocan en patoloxías.

Unha das principais afectacións é o sistema circulatorio. Permanecer de pé sen moverse durante períodos de tempo prolongados ocasiona que o sangue flúa menos. Así prodúcense máis cambras, contracturas musculares e roturas de fibras. Así danse máis casos de tendinite nos nocellos e tamén aumenta o risco de sufrir arterioesclerose e enfermidades coronarias máis severas.

Outro dos problemas derivados é a insuficiencia venosa. O sedentarismo, unido a outras causas como a idade, o sobrepeso, o consumo de alcohol e tabaco ou procesos biolóxicos como o embarazo e a menopausia son as causas desta afección. As venas defórmanse e vólvense máis ríxidas, de maneira que o sangue se acumula nos pés e pode desembocar en inflamacións.

Ademais da práctica rutinaria de exercicio e dos tratamentos farmacolóxicos, para axudar a mellorar a circulación sanguínea desde o punto de vista podolóxico actualmente estanse a utilizar plantillas a medida. Con cada paso que damos comprímese a graxa da planta do pé como se dunha esponxa se tratase, por ela pasan moitas venas e arterias de pequeno tamaño, o que axuda a bombear o sangue hacia arriba. Créese que o contacto dunha plantilla a medida con toda a planta do pé axuda a comprimir máis superficie, contribuíndo a mellorar a circulación.

O standing ou pasar moito tempo de pé tamén pode causar problemas de artrite. A inflamación das articulacións dos ósos pode provocar deformacións e causar dor. Manterse estático demasiado tempo fai máis ríxidas as articulacións e os ligamentos.

A fascite plantar é un dos problemas máis relacionados con permanecer moitas horas de pé. A fascia cobre a planta do pé, desde o talón ata os dedos dos pés. Se sofre demasiado estrés prodúcense microrroturas e a fascia inflámase. Isto causa dor, sobre todo na zona do óso calcáneo (talón). O calzado inadecuado que se utiliza ao estar de pé durante demasiado tempo pode acentuar a fascite plantar.

Outros problemas que causa nos pés son os xoanetes. Non é recomendable utilizar tacóns ou calzados de plástico ou de punteira estreita. O máis aconsellable é utilizar zapatos cómodos de materiais transpirables ou coiro, cunha sola resistente, sempre con calcetíns.

Por último, para coidar a boa ergonomía no traballo é fundamental manter unha postura correcta. Por moi estático que sexa o posto de traballo, débese cambiar a postura cando sexa posible. Na medida do posible, axuda ter un moble de apoio cunha altura axustada en función da tarefa que se realiza. Por suposto, nos tempos libres hai que ter a man un asento para descargar a tensión acumulada. Por último, o tipo de superficie tamén afecta á ergonomía. Existen alfombras especiais e acolchadas especialmente deseñadas para reducir a fatiga no ámbito laboral.

Por todo isto é recomendable acudir de maneira periódica ao podólogo, que axudará a previr e solventar todas estas patoloxías.