Roi Painceira: “É importante que a comunidade podolóxica contribúa a aumentar o coñecemento científico”

A asma é unha enfermidade pulmonar que se asocia con unha menor resposta dos bronquios. Aínda que non é transmisible, si perxudica de maneira notable a calidade de vida dos pacientes asmáticos. Esta enfermidade non só produce malestar no sistema respiratorio, senón que tamén causa alteracións noutros sistemas do corpo humán. O Dr. Roi Painceira, podólogo, ven de publicar en 2020 a súa tese “Impacto da asma relacionado coa calidade de vida, dor e mobilidade relacionada coa saúde dos pés en pacientes adultos”. Roi realizou o seu doctorado na Universidade da Coruña cunha calificación de sobresaínte cum laude e mención internacional. Ademais, tamén conta con 6 anos de actividade clínica.

¿Como foi o proceso de preparación da tese?

Pois como todo traballo de Tese, foi un traxecto de varios anos de investigación, aínda que á par un trabalo apaixonante. O resultado final da tese é só a punta do iceberg de toda a labor desenvolvida na investigación, camiño que, por outra parte, sería imposible percorrer sen a colaboración e dedicación dos codirectores (Prof Dr. Daniel López López e o Prof Dr. César Calvo Lobo) e de todos os compañeiros do grupo de investigación.

¿Que tal foi a acollida da tese polos compañeiros de profesión?

A acollida por parte do colectivo foi moi boa. Diría, incluso, que nalgún caso a reacción foi de sorpresa, debido á temática sobre a que versa, xa que ao principio pode parecer que non existe unha relación directa entre esta patoloxía e a saúde do pé. Considero que é importante que a comunidade podolóxica contribúa a aumentar o coñecemento científico, para así mellorar a labor asistencial, que creou que no noso país goza xa dun nivel moi alto.

Xa tiñas publicado un artículo anteriormente relacionado ca asma na saúde do pé. ¿Que te motivou a indagar nesta rama?

Se nos baseamos en datos da OMS, a asma é unha das patoloxías máis prevalentes, afectando en torno a uns 300 millóns de persoas en todo o mundo. Esta descrito que esta patoloxía ten unha repercusión global no estado de saúde destes pacientes, pero en relación coa saúde do pé e o nocello, non atopáramos bibliografía que abordase estas repercusións. Outro dos motivos que motivaron esta investigación é a de facilitar a detección na práctica clínica de posibles factores etiolóxicos en diferentes alteracións que poden sufrir os pacientes asmáticos, en ocasións sen unha causa aparente, e así poder mellorar o tratamento dos nosos pacientes que vemos día a día na consulta.

¿Como se levou a cabo o estudo?

Neste caso, a tese desenvolveuse baixo a modalidade de compendio de artículos, debido á cantidade de descubrimentos significativos con relación ao impacto da asma sobre a saúde do pé, polo que a tese comprende tres estudos diferenciados. O mostreo levouse a cabo na área de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, coa colaboración da Dra. Vanesa García Paz, experta en asma e alergoloxía. No primeiro dos estudos, abordamos o impacto da asma no umbral de dor na rexión anatómica de pé e nocello, así como tamén os niveis de kinesofobia. Por outra parte, no segundo dos estudos levados a cabo, evaluamos a influencia desta patoloxía no rango de mobilidade articular e a taxa de caídas. E, por último no terceiro e último estudo que compón esta tese, centrámonos en avaliar a repercusión da asma na calidade de vida relacionada coa saúde do pé.

¿Como afecta a asma á calidade de vida do paciente no que se refire á saúde do pé?

Basándonos nos principais descubrimentos desta investigación, e para sintetizar todos os seus resultados, podemos concluír que os pacientes asmáticos teñen un umbral da dor á presión máis baixo, un rango de flexión dorsal do nocello e primeira articulación metatarsofalánxica limitado e un empobrecemento da calidade de vida relacionada co pé neste grupo de pacientes máis vulnerable.

¿Tes a intención de continuar traballando sobre a saúde dos pés dos asmáticos? ¿Estás traballando actualmente nunha nova investigación?

Si, de feitoo, actualmente temos un artigo en proceso de publicación, no que se aborda o impacto da asma sobre a postura e as presións plantares. Por outro lado, na actualidad tamén abrimos unha nova liña de investigación baseándonos no impacto na saúde do pé de diversas patoloxías respiratorias, polo que se abre un campo extenso de coñecemento todavía por explorar.

Ficheiro da tese: http://hdl.handle.net/2183/26517