Que é o pé diabético e como podemos previlo

Que é o pé diabético

A diabetes é unha enfermidade que padecen as persoas que teñen unha cantidade de glucosa (azucre) en sangue elevada porque o organismo non a procesa correctamente. Pódese deber a que o páncreas non produce insulina, a hormona que permite que o azure entre nas células, ou a que esta non pode cumprir a súa función adecuadamente.

Nas últimas décadas as autoridades sanitarias de todo o mundo detectaron a importancia da prevención desta enfermidade e das súas consecuencias, xa que constituye unha epidemia silenciosa que afecta a unha gran porcentaxe da poboación. En España, calcúlase que a súa prevalencia alcanza ao 13% da poboación maior de 18 anos e vai en aumento.

A diabetes, se non se manexa adecuadamente, pode ter consecuencias graves, podendo chegar a causar cegueira e fallo renal, entre outras. No caso dos pés, a importancia na prevencción débese a que a diabetes é a primeira causa de amputación non traumática (sen ser debido a un accidente) nos membros inferiores. Así pois, recoñécese a importancia sobre a prevención podolóxica temperán, xa que a partir dos 10 anos desde que se instaura a diabetes, o risco de complicacións importantes no pé aumenta considerablemente. Hai que recalcar, xa que é un erro común, que non importa se o tratamento do paciente é con pastillas ou con inxeccións de insulina, a prevención é fundamental en ambos casos e o podólogo debe pautar un seguemento do paciente adecuado ao seu estado de risco.

Co paso do tempo, a diabetes pode afectar á circulación do sangue e ao sistema nervioso producindo o que se coñece como pé diabético.

A afectación do sistema nervioso (neuropatía periférica) pode causar nos pés dor, formigueo, sensación de “acorchamento” ou perda de sensibilidade. Isto fai que se perda a capacidade de sentir dano no pé e, polo tanto, que poidamamos reaccionar de maneira adecuada ante este estímulo, empeorando a situación. Por exemplo, pódemos impedir detectar obxectos ou pedriñas que se atopen dentro do noso calzado e que poidan causar lesións coma cortaduras ou chagas que poden infectarse e chegar  causar úlceras, xa que a propia ferida tanouco se percibe e polo tanto non se trata. La falta de sensibilidade tamén pode ocasionar que o pé non sexa capaz de repartir ben o peso do corpo producíndose queratopatías na planta (calos e durezas) que co tempo poden complicarse chegando a formar úlceras.

A afectación da circulación do sangue (enfermidade vascular perifírica) implica que os pés non reccibirán suficiente sangue, polo que aos tecidos non chegan osixeno nin nutrientes de maneira axeitada, o que fará máis difícil recuperarse de feridas e infeccións. En casos moi graves, cando se produce gangrena ou as úlceras non melloran cos tratamentos médicos ou cirúrxicos, pode ser necesario chegar á amputación do dedo do pé ou de parte da perna.

Prevención do pé diabético

Para previr e/ou tratar o pé diabético é moi importante poñernos en mans dun podólogo de forma temperán.

Este valorará o estado de risco do pé para instaurar o tratamento necesarios, así como a pauta de seguemento adecuada. Para iso o podólogo valorará o estado da circulación de pés e dedos, a sensibilidade, a presenza de deformacións estruturais (xoanetes, dedos en garra…), o estado da pel e anexos (presenza de durezas, fungos, unllas encarnadas…) e o estado de saúde xeral do paciente, sobre todo o control da glucemia.

Así, dependendo do problema do paciente, pode instaurar diferentes tratamentos como quiropodias periódicas, protectores a medida para os dedos, órteses plantares a medida, descargas temporales da zona afectada e incluso tratamentos farmacolóxicos e/ou cirúrxicos.

Ademais, tamén hai unha serie de medidas que podemos seguir nós para previlo.

Revisar os pés a diario

Aínda que non sintamos dor, revisar os pés cada día permitiranos atopar calquera lesión antes de que se agrave. Unha boa rutina é revisar os pés todas as noites cando nos descalzamos. Para facelo, debemos revisar todas as zonas do pé, tamén entre os dedos. Se nos resulta complicado por problemas de mobilidade ou visión, podemos pedir axuda a alguén ou utilizar un espello. Debemos prestar atención a cortaduras, chagas, manchas vermellas, ampolas con líquido, unllas encarnadas que crecen enterradas na pel, calos ou zonas endurecidas polo roce, verrugas na plana dos pés, pé de atleta ou áreas quentes, que poden ser sinal de que estamos empezando a desenvolver unha ampola.

Para tratar as ampolas, cortaduras e chagas, o mellor é cubrilas cunha venda. Nunca debemos cortas os calos nin utilizar productos sen receita podolóxica porque poden provocarnos queimaduras, feridas ou infeccións.

Tamén é recomendable hidratar os pés con cremas hidratandes con urea ou ácido láctico masaxeando cunha capa fina desde a planta do pé hasta o xeonllo e nunca aplicala entre os dedos. Non utilizar polvos, talco ou aerosoles.

Cortar as unllas rectas

Debemos cortar as unllas dos pés cando sexa necesario. O máis recomendable é facelo despois da ducha e cos pés secos, que é cando as unllas están máis brandas. Os cortes deben ser en liña recta cun cortaunllas ou unhas tesoiras de punta roma e sempre debemos deixar que sobresaia polo menos 1mm. Non debemos cortar as esquinas das unllas, senón limalas dunha maneira suave cunha lima de unllas ou de cartón. Así evitaremos unllas encarnadas. No caso de unllas complicadas, problemas de visión ou de mobilidade que nos impidan chegar correctamente, o mellor é acudir a un podólogo.

Usar sempre zapatos e calcetíns

Non debemos camiñar descalzos ou só en calcentíns, nin sequera na casa. Poderíamos pisar algo e mancarnos, aínda que non nos demos de conta ao non sentir dor. Debemos comprobar que o zapato non ten obxectos ou croios dentro antes de calzarnos E sempre debemos facelo con calcetíns, preferiblemente de algodón, para vitar ampolas ou chagas. É preferible usar calcetins limpos, lixeiramente acolchados, sen costuras, ligas nin elásticos axustados, xa que iso dificultaría a circulación sanguínea.

Os zapatos deben ser cómodos desde o momento que os compramos. E utilizalos pouco a pouco, primero na casa durante ratos breves e aumentar o tempo de maneira progresiva. O mellor calzado será transpirable, lixeiro, flexible, con sola antideslizante e non moi grosa e con tacón de menos de 3cm. Non é recomendable utilizar calzados de plásticos, que non permiten respirar ao pé, nin tampuco sandalias, que non protexen os dedos nin o talón. Debemos manter os nosos zapatos secos e aireados e cambiar os calcetíns cada día.

Protexernos da calor y do frío

Se temos problemas de sensibilidade nos pés causados pola diabetes, debemos tomar medidas para evitar queimarnos sen darnos de conta. Na praia debemos usar zapatos e protector solar na parte superior dos pés para evitar queimaduras. No inverno, non debemos utilizar botellas de auga quente nos pés se temos frío para dormir, o mellor é utilizar calcetíns de lá que non nos apreten. Tampouco debemos achegar os pés a radiadores ou fogueiras.

Favorecer o fluxo sanguíneo nos pés

Existen varios hábitos que axudan a manter a circulación sanguínea nos pés.

  • Poñer os pés en alto cando estamos sentados
  • Exercitar os dedos dos pés uns minutos cada día
  • Evitar calcetíns apertados e bandas elásticas
  • Facer atividade física que non esforce en exceso os pés como camiñar, nadar ou practicar ioga.
  • Non fumar nin beber alcohol

Facer un examen completo unha vez ao ano

Aínda que pensemos que non temos nada malo nos pés, é recomendable someterse como mínimo a un examen dos pés ao ano no podólogo. Por suposto, acudiremos a que nos examinen os pés se vemos cambios na forma do pé, perdemos sensibilidade ou se temos algunha dureza, calos ou feridas.

Xunto coas accións inividuais de cuidado do pé, para reducir o risco de complicación, debe ser o podólogo o que trate os nosos pés, desde o diagnóstico de patoloxías ata a eliminación de calosidades. Así, seguindo as súas indicacións e aínda que teñamos diabetes, será fácil manter os nosos pés sans.