As intervencións cirúrxicas realizadas por podólogos

Os/as podólogos/as traballan para mellorar e manter a saúde dos nosos pés. De feito, durante o exercicio da súa profesión, non só son quen de tratar as afeccións e deformidades que se poden presentar nos nosos pés mediante diferentes tipos de terapias conservadoras (farmacolóxica, ortopédica…), senón que  tamén están capacitados para a realización de cirurxía menor e maior con plena autonomía e responsabilidade diagnóstica e terapéutica.

Así, o podólogo, xunto cos médicos e odontólogos, considérase Facultativo Especialista, o que implica que, en virtude das súas cualificacións profesionais, está legalmente autorizado para estender unha prescrición, tanto de medicamentos como produtos sanitarios. De feito, en canto a este último elemento, tamén teñen a potestade para fabricar produtos sanitarios a medida, xa sexan plantillas ortopédicas, férulas, siliconas ou calquera outro obxecto co fin de realizar un diagnóstico, prevención, control, tratamento ou alivio dunha enfermidade, lesión ou deficiencia.

Na Lei 44/2003 do 21 de novembro, de Ordenación das Profesións Sanitarias, regúlanse  os aspectos básicos das profesións sanitarias tituladas no que se refire ao seu exercicio, entre outros aspectos. Dentro delas atópase a Podoloxía que, como xa se mencionou, inclúe as actividades dirixidas ao tratamento e diagnóstico das afeccións e deformidades dos pés mediante as técnicas terapéuticas propias da súa disciplina. Isto capacita ás/aos podólogas/os para a realización de cirurxía podolóxica, a cal é definida como “aquelas intervencións que realiza conforme a un conxunto de técnicas cirúrxicas sistematizadas, orientadas ao tratamento de certas afeccións e deformidades dos pés, habitualmente baixo anestesia local”. 

A finalidade dunha intervención de cirurxía podológica é a corrección de deformidades nos pés, a eliminación de lesións, tratando de restaurar a súa anatomía e funcionalidade, eliminando ou diminuíndo os procesos dolorosos. A continuación recóllense os principais procedementos cirúrxicos realizados por especialistas podólogos:

  • Cirurxías ungueal ou da uña. Trátanse patoloxías que impliquen dita parte, como pode ser o caso das uñas incarnadas. Esta intervención realízase, en xeral, mediante unha matricectomía total ou parcial, que pode ser a través de métodos físicos, químicos ou mecánicos. 
Cirurxía de uña
  • Cirurxías de partes brandas. Inclúe a extirpación de lesións ou alteracións nos tecidos internos ou na pel e a posterior reparación destes co fin de recuperar o aspecto externo e restablecer a súa funcionalidade. Entre este tipo de patoloxías atópase, por exemplo, o neurinoma de Morton, que é o engrosamento dun dos nervios dos dedos dos pés, verrugas, quistes, tumores, queloides, nevus, etc. 
  • A cirurxía de deformidades dixitais. Busca corrixir ou reducir as alteracións dos dedos mediante diferentes procedementos. Algunhas destas deformidades podense correxir actuando só en partes blandas (pel, tendóns e cápsula articular). En outras, é necesario, ademais, a actuación ósea mediante artroplastias, artrodesis e/ou osteotomías.
  • Cirurxía metatarsal. Estes procedementos buscan reducir ou corrixir metatarsianos moi baixos ou cunha lonxitude excesiva, que provocan hiperqueratoses e/ou helomas. Tamén se inclúen patoloxías dexenerativas como a osteocondrose de Freiberg. A intervención consistirá en tenotomías, capsulotomías, artroplastias, osteotomías, etc.
  • Cirurxía do primeiro radio. Realízanse debido a alteracións que van dende modificacións adquiridas, traumáticas, sobreuso ou afeccións de patoloxías sistemáticas na primeira articulación metatarsofalánxica. Dentro deste grupo atópase o hallux valgus (xoanete), que se pode tratar mediante moitas técnicas, e que dependerán do estadio de deformidade do mesmo.
  • Cirurxía do quinto radio. Está relacionado con patoloxías que afectan ao quinto dedo como poden ser prominencias dorso-laterais, lesións hiperqueratósicas, etc. As intervencións son variadas, van dende procedementos sobre tecido brando, exostectomía lateral, artroplastia e ou/artrodesis.
  • Cirurxía de exostose. Busca a resolución de exostoses ou crecemento benigno do oso preexistente mediante a eliminación da mesma e actuación en partes brandas en caso de ser necesario. Algunhas das súas manifestacións son o espolón de calcáneo, producida pola tracción excesiva e continuada da fascia plantar; exostoses dixitais e subungueais; e cuneo-metatarsales, no antepé. 
Cirurxía de exostose

Por último, todas estas intervencións contarán cunha anestesia en función dun criterio podolóxico, aínda que se recomenda o bloqueo anestésico do pé mediante a técnica anestésica podolóxica. 

Bibliografía:

  • Becerro de Bengoa, R. (2011). Competencias profesionais do podólogo. Madrid: Escuela Universitaria de Enfermería, Fisioterapia y Podología. 
  • Comisión de formación (2009). Guía práctica de protocolos quirúrgicos en podología. Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos.