DEFORMIDADES DIXITAIS: DEDOS EN MARTELO E EN GARRA

No marco das patoloxías do pé, as deformidades dixitais son das máis habituais. Principalmente, teñen que ver coa aliñación dos dedos, puidéndose observar neles que non presentan un aspecto normal. Cando se producen ditas deformidades, observamos desviacións nos nosos dedos ben dende unha perspectiva lateral (flexión), frontal (rotacións), ou superior (desviación cara dentro ou cara fóra), ou, o máis frecuente, unha combinación delas.

As deformacións que más abundan na flexión dos dedos son os dedos en martelo e os dedos en garra, aínda que existen outras como os dedos en maza ou en pescozo de cisne.

Nos dedos en martelo, a deformidade afecta á articulación metatarsofalánxica e á interfalánxica distal, que se hiperestenden, é dicir, se prolongan máis do normal, e á interfaláxinca proximal, que se flexiona en maior medida. Como resultado, vemos que o dedo parece sinalar un obxecto.

Os dedos en garra consisten na deformación producida nos dedos, salvo o gordo, que implica a estensión esaxerada da articulación metatarsofalánxica e a flexión das falanxes media e distal. Podemos apreciar os dedos en garra de dúas formas: flexible, se ao tocar o dedo podemos estendelo sen problema algún, e ríxida, se non podemos estirar o dedo pola dureza da deformidade.

Paciente con deformidade dixital en garra

CAUSAS

  1. A biomecánica individual do individuo é a principal causa que propicia esta deformidade así como outra deformidade podálica.
  2. O uso de calzado estreito, axustado, que obriga aos dedos a flexionarse xa que non hai espazo suficiente.
  3. En ocasións, asóciase á afección do ‘hallux valgus’ ou xoanete, pés cavos, planos ou valgos, etc.
  4. Traumatismos: no caso de sufrir algún traumatismo directo que provoque lesións musculares ou nerviosas.
  5. Secundiaria a otras afeccións como artrite, afectacións neurolóxicas ou metabólicas.
  6. Conxénitas ou hereditarias.

SÍNTOMAS

O síntoma máis obvio é a deformidade do dedo. En función do tipo, as articulacións interfalánxicas do dedo veranse afectadas pola dor ao producirse o roce coa parte do calzado que cobre o pé. Tamén a punta dos dedos pode doer debido ao exceso de presión. É importante ter en cuenta que aínda sen roce ou exceso de presión, a propia articulación pode doer debido ao proceso dexenerativo que sofre.

Os síntomas máis comúns son: a dor nos dedos e tamén na planta do pé, o engrosamento da pel, a aparición de callosidades ou roces, e a inflamación da zona.

DIAGNÓSTICO

O/a podólogo/a que estude o caso realizará sobre o paciente unha valoración da deformidade do dedo e o seu papel sobre as articulacións. Neste sentido, é importante poñer en carga o pé para comprobar a dor que sente o paciente e a posibilidade de flexión dos dedos. Ademais, durante a exploración hai que ver se a deformidade é ríxida ou flexible.

Ás veces, é recomendable levar a cabo unha radiografía para analizar con detalle o estado articular e o grado de desviación. Asemade, é suxerible analizar en que medida a biomecánica individual do doente inflúe sobre a deformidade dixital e compensala con plantillas a medida se é necesario.

Para o diagnóstico final, haberá que ter en conta tamén o historial clínico do paciente e estudar a influenza da posible presenza doutras deformidades como o pé cavo.

TRATAMENTO

O grao de rixidez e de deformidade determinarán o tipo de tratamento para estas patoloxías:

  • Por un lado, están os tratamentos conservadores coma o uso de plantillas personalizadas que poidan evitar a consolidación da garra cando todavía é flexible.
  • Os estiramentos dos músculos son aconsellables para devolver ao dedo á súa posición correcta e evitar que se xunten (neste sentido, hai que atender ás indicacións dadas polo noso podólogo/a).
  • As orteses de silicona a medida poden axudar a corrixir ou evitar a progresión da alteración no caso das deformidades flexibles ou semirríxidas, e sobretodo en nenos. En caso de alteracións ríxidas servirán para reducir os síntomas.
  • Por outro lado, os tratamentos quirúrxicos son aqueles aos que se recorre en casos máis graves, nos que o tratamento conservador non dá bos resultados ou nos que o paciente prefire unha solución definitiva. En cirurxía podolóxica, utilízanse numerosas técnicas en función da patoloxía presentada polo paciente, e tamén dependendo de se se trata dun dedo en garra ou en martelo aillado. Así, pódense levar a cabo técnicas moi sinxelas mediante a cirurxía mínimamente invasiva (CMI), onde se corrixe a deformidade operando con instrumentos específicos a través de incisións milimétricas, ata outras máis complexas nas que se realizan transferencia de tendones para obter o equilibrio muscular. Hai que destacar que a cirurxía podolóxica avanzou moito nos últimos anos, obténdose grandes resultados estéticos e funcionais.

BIBLIOGRAFÍA:Identificación das deformidades podálicas en persoas con diabetes mellitus, unha estratexia para previr amputacións. Estévez Perera, Abel (et al.) Publicado en: Revista Cubana de Endocrinoloxía (2013)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *