DE QUÉ FORMA AFECTA O ALZHEIMER AOS NOSOS PÉS?

Qué é?

O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa progresiva, é dicir, o paso do tempo provoca a dexeneración e/ou morte das neuronas. Isto inflúe de forma negativa nos movementos e no funcionamento mental.

Este trastorno caracterízase por unha marcada presenza de cambios fisiolóxicos do corpo humano, e polo comenzo ou agravación de afeccións xa subxacentes como a fraxilidade física. Os principais síntomas desta afección son a pérdida de memoria a curto prazo, a fraxilidade física, a perda do equilibrio, mobilidade e coordinación das extremidades, así como a perturbación do sono.

Estado actual das investigacións

Durante os últimos anos, os investigadores da mediciña e da podoloxía estiveron pensando na posibilidade de que o alzheimer teña un particular efecto perxudicial na saúde dos nosos pés. Proba dilo é que, entre outras investigacións, realizouse recentemente un estudo que tivo por obxecto estudar as particularidades clínicas da saúde dos pés en pacientes con enfermidade de Alzheimer (EA).

Unha das razóns desta análise é a disminución da sensibilidade e ausencia de controis periódicos por parte de persoas maiores, que provoca un uso incorrecto do calzado. Individuos dende os 65 ata os 95 anos foron centro de estudo pola posible presenza de lesións podálicas así como polos zapatos que utilizan de forma cotiá. Deste xeito, contribúese a poder evitar ou paliar efectos básicos do alzheimer como as alteracións posturais, caídas ou outras enfermidades podálicas.

Ante calquera dúbida ou problema relacionado cos pés ou a súa mobilidade, o podólogo, unha vez valore o caso, pódenos proporcionar unhas pauas de coidados e tratamentos adecuados.

Datos de estudo

A importancia de coñecer qué tipo de relación pode gardar o alzheimer cos problemas dos pés de persoas con alzheimer é poder previr e tratar as adversidades que afectan ás súas capacidades motoras e móbiles, e o progresivo empeoramento de posibles lesións presentes.

Segundo o estudo realizado por Daniel López López, profesor do Grao en Podoloxía da UDC, nun centro terapéutico para pacientes con EA, o 89% dos usuarios/as con alzheimer estudados/as sufrían problemas nos pés. Só o 30% do total utilizaba un calzado de acordo coa forma dos seus pés.

O certo é que malia non estar científicamente probado o feito de que as persoas con alzheimer padezan maiores problemas podálicos, créese que si que inflúe nas súas capacidades cognitiva, social e funcional.

Á hora de controlar periodicamente a saúde dos pés, é máis importante neste tipo de persoas xa que o desorde das súas capacidades intelectuais pode facerlles sentir indiferentes ante calquera dor ou molestia leve. Ademais, a diminución destas capacidades sumada á das motoras dificulta o autocoidado dos pés. Por isto, é fundamental que un familiar ou persoa a cargo vixíe con frecuencia o estado dos mesmos, e en caso de detectar unha alteración, acudir ao podólogo.

Tipos de trastornos máis comúns

Malia que padecer alzheimer non implique directamente sufrir algunha doenza nos pés, comprobouse  que o 89% sufría problemas podálicos. De feito, o 79,4% dos pacientes padecían xoanetes, un 52% trastornos ungueais ou queratóticos, un 47,9% hallux limitus, un 19,2% hallix rigidus, e un 12,3% deformidades dixitais como dedos en martillo ou en garra.

Á súa vez, o uso de calzado de diferente tamaño para o pé esquerdo e o pé dereito revela unha cifra bastante elevada, xa que son o 69,86% dos pacientes analizados quen calzan diferentes tallas de pé sexa consciente ou inconscientemente. Se ben o 30,14% utiliza un zapato adecuado ás necesidades do seu pé, as medidas de ancho non cumplen coas requeridas para o seu perfecto descanso e desenvolvemento.

O avance da patoloxía vén acompañado do deterioro da sensación do equilibrio, pero tamén do risco asociado de caída, o que provoca unha merma da autonomía destes pacientes. Por ilo, médicos e podólogos inciden na relevancia dos controis periódicos da saúde dos péis de persoas maiores e, sobretodo, de persoas maiores con EA. Isto favorecería a vixía dalgunha posible lesión podálica e tamén da hixiene dos seus pés.

Neste punto, os datos inciden en que a exploración física dos pés de pacientes con alzheimer debe incluír tamén unha análise do calzado que utilizan e cal deberían utilizar. Desde este punto de vista, é destacable o papel que teñen os programas de formación para familiares destes pacientes. É de grande relevancia xa que a pesar do diagnóstico clínico, a información sobre a materia é escasa, e como en toda ciencia, non existe o seu coñecemento pleno.

Recomendacións

Á hora de tratar con este trastorno, o esencial é adaptarse á evolución da enfermidade. Por exemplo, se observamos que comeza a perderse mobilidade, as persoas achegadas ao paciente deben animarlle a realizar exercicios que favorezan as súas capacidades mentres poidan paliarse os efectos patolóxicos da EA. O feito de que esta poboación sexa máis vulnerable ante problemas podálicos explica a importancia de acudir ao podólogo con regularidade, ao menos cada dous meses ou coa frecuencia recomendada na primeira consulta.

No canto ao calzado, de forma xeral, o máis aconsellable son zapatos pouco pesados, con cordóns, horma ancha, flexibilidade na zona dos dedos e sola que amortigüe. Así, confírese á persoa unha maior estabilidade, un menor gasto de enerxía e que gañe en benestar e calidade de vida.

Para estimular a rexeneración dos pés e tonificar os músculos e o seu movemento é recomendable tamén a aplicación dunha crema podolóxica de uso diario. Asemade, plantexar a posibilidade de utilizar plantillas personalizadas podolóxicas pode ser útil para mellorar a forma de pisar, reducir o risco de caída e tamén o de outras patoloxías no pé.

A hixiene día a día, obviamente, tamén é algo ao que hai que prestar especial atención, sobretodo entre os dedos co fin de evitar o cúmulo de bacterias ou fungos que poidan desembocar en infeccións graves.

O mito de camiñar descalzo non é aplicable xa que favorece o risco de padecer artrose, artrite, e incluso risco de infeccións prematuras nos pés.

E sempre, ante calquera dúbida, consultar co seu podólogo/a.

BIBLIOGRAFÍA

  • Particularidades dos pés das persoas con Alzheimer. Daniel López López (et al.). Publicado en: International Journal of Environmental Research and Public Health (2018).