que pode facer por nós un podólogo?

Actualmente, a figura do/a podólogo/a é a encargada de estudar a saúde dos nosos pés atendendo a toda afección e/ou deformidade de forma que investigue a súa prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación mediante a súas propias técnicas terapéuticas. Hoxe día, trátase dunha profesión propiamente dita e regulada en base a unha normativa legal cuxos antecedentes se atopan máis preto do que parece: na segunda metade do século XX.
Non é ata 1962 que, da man do Decreto 727/1962 de 29 de marzo, a Podoloxía se consagra como especialización regulamentada e recoñecida para os Axudantes Técnicos Sanitarios (ATS). Esta norma serveu para establecer as competencias propias da profesión, que sería o tratamento das afeccións e deformidades dos pés. Ademais, adelantou a Diplomatura que posteriormente sería presentada e habilitaría a quen a posuía o recibimento e tratamento autónomo dos seus/súas pacientes correspondentes.
Máis tarde, no 1988 a ciencia da Podoloxía adquire o rango merecido ao ser incluída no plan de estudos de titulacións universitarias. O Real Decreto 649/1988 do 24 de xuño facía referencia a tódalas materias que englobaría dita discplina, estruturadas segundo as directrices xerais dos planes de estudo da diplomatura. As súas competencias profesionais continuarían sendo as mesmas establecidas polo anterior RD.
Coa aprobación do plan Bolonia, que estruturaría os estudos de Educación Superior en 3 ciclos (Grado, Mestría e Doutorado). Así, mediante a Orden CIN/728/2009, do 28 de marzo, quedaron regulados os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de Podólogo/a.
Entre as súas principais competencias profesionais destacamos:
- Cirurxía podolóxica: establecése en base á Orden CIN 728/2009 e alude ós obxectivos en relación coa capacidade que os estudantes deben adquirir para o estudo da profesión. Deberán estar aptos/as para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ou educativo, baseado na Historia Clínica.
- Capacidade diagnóstica: o Real Decreto 1132/1190 do 14 de setembro autoriza ós podólogos para utilizar de xeito autónomo as instalacións ou equipos de radiodiagnóstico propios da súa actividade, dentro dos límites establecidos para cada profesional sanitario. A consolidación das diversas figuras sanitarias como tal recóllese na Ley 44/2003 de Ordenación das Profesións Sanitarias. Asemade, o Real Decreto 1085/2009 do 4 de xullo sinala que o funcionamento dunha instalación de raios X para diagnóstico deberá ser dirixido ou ben por médicos/as, ou odontólogos/as ou veterinarios/as, ou podólogos/as.
- Prescripción de ortopróteses: o Real Decreto 905/2013, do 22 de novembro, sinala como competencia xeral do/a podólogo/a o deseño das orteses, próteses externas e produtos de apoio en función da técnica terapéutica utilizada, adaptándoo ás características anatomofuncionais, psicolóxicas e sociais do/a usuario/a ou paciente. O recoñecemento dos/as podólogos/as como prescriptores de tratamentos ortoprotésicos vén dado por encadrar os Soportes Plantares ou Plantillas en produtos sanitarios cuxo tratamento debe ser prescrito por dito/a profesional. Por ilo, son considerados tamén fabricantes de produtos sanitarios tales como soportes plantares ou outras orteses en base ao Real Decreto 1591/2009.
- Prescripción farmacolóxica: coa aprobación da Lei 28/2009, de 20 de decembre, modifícanse apartados da anterior norma que regulaba o uso de medicamentos e produtos sanitarios. Así, os/as podólogos/as, xunto con médicos/as e odontólogos/as, convértense en ser quen de proporcionar recetas médicas e/ou ordear unha dispensación hospitalaria, co fin de recurrir ao tratamento instruído polo profesional correspondente. Asemade, o Real Decreto 1718/2010, de 17 de decembro, ratifica que as receitas médicas ou ordes de dispensación de medicamentos por parte dun farmacéutico/a son documentos de carácter sanitario para os que podológos/as están facultados/as legalmente para levar a cabo.
En resumo, o/a podólogo/a resulta ser un profesional autónomo que se encarga do tratamento de toda doenza ou alteración que poidan sufrir os nosos pés, consolidándose hoxe día como unha titulación independente doutras e cuxo exercicio debe ser levado a cabo estritamente por persoas que posúan o título.

BIBLIOGRAFÍA:
- García Carmona, Francisco Javier. Competencias profesionales del podólogo – Revista Española de Podología (2015).