QUE ENTENDEMOS POR RISCO LABORAL?

O traballo, directa ou indirectamente, exponnos durante un longo periodo temporal a diversas circunstancias que poden repercutir na nosa saúde e benestar de xeito inmediato ou a curto/longo prazo. Así é que, no ámbito sanitario, como noutros, nace a importancia de estudar que factores poden influír causando alteracións ou patoloxías no desenvolvemento da nosa actividade laboral.
- DEFINICIÓN DE RISCO LABORAL
Este concepto engloba toda situación no traballo que poida alterar de forma física, mental e social ás persoas que desa actividade dependan. Por ilo, agrúpanse en tres categorías:
- a) ACCIDENTES LABORAIS
- b) ENFERMEDADES PROFESIONAIS
- c) OUTRAS PATOLOXÍAS DERIVADAS DO OFICIO
- ACCIDENTES LABORAIS
Inclúese aquí todo dano ou lesión que sofra o/a empleado/a resultado do exercicio levado a cabo. Trátase dun fenómeno que se produce de forma instantánea, inesperada, e que causa unha lesión traumática. Así é que a lei só inclúe neste precepto aos traballadores por conta allea, quedando fóra todo podólogo que exerza de forma propia.
En función da terapia necesaria, existen uns riscos en podoloxía específicos e outros que existen en calquera tipo de tratamento diario:
- Frecuentemente, en terapias de quiropodoloxía os profesionais utilizan instrumentaria punzante ou cortante, como un bisturí, ou ferramentas que poden causar unha lesión
- Pola súa parte, en tratamentos de ortopodoloxía tamén pode darse o caso de danos polo uso de fontes de calor, serras de calar, utensilios de corte….
- O posible uso de substancias desinfectantes, cáusticos (para quemar e destruír texidos orgánicos), queratolíticos (para o tratamento de verrugas, callos, durezas, entre outros), vesicantes ou citostáticos (para impedir a reprodución ou multiplicación anormal de determinadas células) tamén expón a determinados accidentes aos/ás podólogos/as xa que traballan con este tipo de substancias día a día.
2. ENFERMEDADES PROFESIONAIS
Para que isto sexa considerado como tal debe producirse algunha alteración ou pérdida da saúde dalgún/algunha dos/as traballadores/as que teña orixe nas condicións ambientais ás que se expón no traballo ou para acudir a el. Coma nos accidentes laborais, a lei só ampara a aqueles/as traballadores/as por conta allea. Estas enfermedades dependen de:
- Os axentes físicos tales coma fontes de calor, o ruido ou as radiacións. Deles, o ruído é curiosamente o que pode producir uns efectos tales que sexan considerados enfermedades profesionais (ou alterar o exercicio laboral). Estar exposto ao ruido no traballo a 45 decibelios ou máis podería producir:
- Alteracións no sono e/o descanso do/a profesional de forma que poida producir incluso fatiga crónica, o que implicaría a longo plazo alteracións no rendimento laboral como angustia, ansiedade ou apatía.
- Durante a xestación, poden darse variacións prenatais como baixo peso, prematuridade, abortos, entre outros.
- Alteracións psicosomáticas como cefaleas, mareos…
- Efectos cardiovasculares como por exemplo cambios na frecuencia cardíaca, hipertensión, etc.
Como medidas de prevención do ruído, o fundamental é, primeiramente, informar ao/á traballador/a para que posteriormente se avalíe a súa exposición ao ruído así coma os riscos aos que se expón o seu aparato auditivo. Despois, se fose necesario, habería que levar a cabo as medidas preventivas acordadas e utilizar os protectores auditivos en cuestión.
Someter aos/ás traballadores/as a un control médico inicial do seu aparato auditivo que posteriormente se converterían en controis periódicos, e proporcionar protectores auditivos para aqueles/as que o soliciten son outras das formas de paliar esta situación.
Por outro lado, os/as profesionais en podoloxía tamén están expostos a radiacións ionizantes (aquelas cuxa enerxía ten capacidade para ionizar a materia, extraendo os electróns dos seus estados ligados ao átomo), que poden chegar a producir:
- Alteracións funcionais
- Envellecemento precoz
- Un dos texidos máis sensibles a este tipo de radiacións é a pel, o órgano máis grande que posuímos e o cal está máis exposto a todo tipo de circunstancias
Como medidas de prevención deste risco, é esencial utilizar prendas e materiais protectores para que inflúan o mínimo sobre o noso organismo. Tamén sería unha solución dotar ás infraestruturas onde se leve a cabo á actividade laboral de barreras protectoras tales coma paredes de plomo, telemandos, situar os focos a unha distancia maior de 2 metros, entre outras.
2) Os axentes biolóxicos que inflúen na aparición de enfermidades profesionais resultan ser capaces de provocar algunha infección, alerxia ou toxicidade na saúde do/a traballador/a. Podemos agrupar estas enfermidades en dous tipos pola súa fonte de infección: por un lado, estarían as que proveñen dos humanos, como a gripe, a tuberculose ou o VIH; por outro, están as que proveñen de animais, coma o tétanos.
Cabe destacar respecto das enfermidades producidas polos axentes biolóxicos que algunhas son indemnizables, como por exemplo a hepatite B. O VIH non se considera enfermidade profesional pero si accidente laboral.
Para previr este tipo de riscos, é indispensable levar a cabo un plan para impoñer: barreiras físicas como luvas, mascarillas, gorros, etc; barreiras químicas coma o uso de hipoclorito, povidona iodada ou gluconato de clorhexidina; barreiras biolóxicas coma vacunas, inmunoglobulinas ou quimioprofilaxis; eliminar os desfeitos utilizados; e establecer códigos e pautas de precaución universais para a manipulación de instrumentos cortantes ou punzantes.
3) Os axentes químicos, utilizados frecuentemente en podoloxía, son aqueles que, atendendo aos seus efectos fisiopatolóxicos poden ser irritantes, neumoconióticos (que alteran ós nosos pulmóns), tóxicos, canceríxenos, alérxicos, entre outros.
Responder a estes riscos aos que se expoñen os/as profesionais de forma efectiva é posible levando a cabo medidas como:
- Uso de mascarillas homologadas
- Exames médicos específicos co fin de vixiar a súa saúde e estudando tanto a súa historia laboral como clínica
3. OUTRAS PATOLOXÍAS QUE DERIVAN DO OFICIO
En canto a outras posibles doenzas que poden supoñer un risco laboral, no sentido de que pode afectar á realización do propio exercicio, poderíamos falar da carga de traballo. Esta pode producirse de dúas formas: mental, cando falamos de que existe un desequilibrio entre o control do traballo e a demanda que que ten. Trátase dun estrés ocupacional que pode repercutir en nós provocando algunha alteración psicofisiolóxica. Por outro lado, a carga de traballo pode darse de forma física cando está sendo levado a cabo cun esfuerzo físico inadecuado continuamente.
Tamén o síndrome da espalda dolorosa, se ben é unha das doenzas que maior incapacidade laboral causa, tamén os/as podólogos/as son susceptibles de sufrila, xa que deben desenvolver a súa actividade profesional maiormente inclinados cara diante, o que aumenta a posibilidade de chegar a sufrila.
BIBLIOGRAFÍALorenzo Morales, H.; Martins Yu, A. Riesgos laborales en la profesión podológica. Cómo detectarlos y prevenirlos. Revista Internacional de Ciencias Podológicas (2017).