A IMPORTANCIA DE VIXIAR O ESTADO DOS PÉS DAS PERSOAS AFECTADAS POLA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER

O Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa que se produce cando os valores de acetilcolina (un neurotransmisor) baixan provocando unha deterioración nos circuítos colinérxicos do sistema cerebral.

A función principal da acetilcolina é a comunicación entre as células nerviosas e as actividades mentais como son a aprendizaxe, a memoria e o pensamento; por iso, o síntoma principal desta enfermidade son as pequenas perdas de memoria facéndose cada vez máis notorias, chegando a incapacitar á persoa e influíndo nas actividades simples da vida diaria.

Descoñécese o motivo polo que diminúe a produción de acetilcolina polo que é complicado saber quen poden padecer esta enfermidade; aínda así hai certos factores que interveñen como a idade avanzada (aínda podendo aparecer en persoas máis novas), o sexo (ao ser máis lonxevas as mulleres sófreno con máis frecuencia), a herdanza familiar (existe un 40% de pacientes con antecedentes familiares) ou os factores xenéticos e ambientais.

Como previr a enfermidade?

A realización de actividades preventivas e de promoción da saúde son fundamentais.

Segundo a Sociedade Española de Neuroloxía a detección precoz ante os primeiros síntomas, para exercitar a memoria e a función motora, é a mellor arma de prevención ante a enfermidade que, xunto a uns hábitos saudables (dieta baixa en graxas e rica en vitamina E), podería reducir até un 40% os casos de Alzheimer.

Cal é o papel do podólogo?

No ano 2012 uns compañeiros realizaron un estudo nun Centro de Estancia Diúrna dunha Asociación Española de Atención a Persoas con Demencia Senil.

Por un período de 9 meses rexistráronse os problemas e alteracións nos pés. Os resultados publicáronse na revista PODOSCOPIO;

  • O 80% dos homes e 73% das mulleres presentaba xerosis (alta sequedade na pel)
  • O 40% das persoas presentaba onicogrifose (engrosamiento da lámina ungueal)
  • O 40% dos homes e o 20% das mulleres presentaba onicomicose (infección da uña producidas por fungos)
  • O 10% dos homes e o 25% das mulleres presentaba outras deformidades como dedos en garra, HAV (xoanetes), úlceras, calosidades…etc

Non debemos esquecer que as caídas son a principal causa de lesión neste tipo de pacientes e que a perda da capacidade ambulatoria é o inicio dunha progresiva deterioración do estado de saúde e a mobilidade funcional; as lesións impiden andar con soltura e van complicar o ritmo da marcha nestas persoas que, pola evolución natural da enfermidade, presentan maior tendencia á inestabilidade e á rixidez corporal.

Un coidado adecuado dos pés é moi importante para manter a calidade de vida e a saúde das persoas afectadas por esas doenzas e contribúe á prevención moitas patoloxías que poderían chegar a afectar a súa mobilidade. Por todo isto, o que se aconsella inspeccionar diariamente o estado dos pés en busca de lesións como feridas, bochas, rozaduras, hinchazón… e prestar especial atención ao lavado, secado e á hidratación.

As visitas periódicas ao podólogo axudarán a previr e a tratar a tempo calquera anomalía e evitar ou minimizar así problemas maiores a curto e longo prazo.

Biografía:

  • CARMONA A, FONT C, DOMÍNGUEZ C, GARCÍA J. La enfermedad de Alzheimer: Una aproximación desde la Podologia. Podoscopio
  • SÁNCHEZ I, ROMERO R, RODRÍGUEZ E, GARCÍA B. Alzheimer. 3ciencias 2016
  • DONOSO A, VENEGAS P, VILLARROEL C, VÁSQUES C. Deterioro cognitivo leve y enfermedad de Alzheimer inicial en adultos mayores. Rev Chil Neuro-Psiquiat 2001
  • REGATO P. A propósito del «envejecimiento activo» y de la II Asamblea Mundial sobre el Envejecimiento: qué estamos haciendo y qué nos queda por hacer. Aten Primaria. 2002
  • FERNÁNDEZ V. ALZHEIMER. Un siglo para la Esperanza. Madrid; EDAF: 2000.