No te la juegues, visita a tu podólogo (II)

Dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) vimos de publicar nos nosos perfís en redes sociais a nova montaxe animada da serie No te la juegues, visita a tu podólogo. Esta segunda parte segue a liña do vídeo xa difundido hai unhas semanas a través das mesmas canles, e que buscaba alertar aos cidadáns sobre as consecuencias negativas do intrusismo na súa saúde podal.

O foco principal da nova peza recae nos estudos biomecánicos da pisada, cuxos resultados deben ser valorados por profesionais acreditados, e non por traballadores de tendas de deporte ou centros de ortopedia.

Para ver o vídeo desde as nosas redes, pique aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *