Fármacos tópicos en dermatoloxía podolóxica

O grao de absorción do fármaco vai depender de moitos factores. En canto á forma de distribuír  o medicamento teremos que elixir entre as seguintes opcións:

  • Pomadas (para alteracións secas)
  • Cremas (para alteracións húmidas)
  • Locións e solucións: son menos desecantes e penetran con maior dificultade que as dúas anteriores
  • Formulación en po: non se adhire correctamente á pel pero ten a vantaxe de que pode aplicarse no interior do calzado

 

Tratamentos tópicos máis habituais

 

  • Antifúnxicos. Os antifúnxicos tópicos utilízanse principalmente para o tratamento de micoses superficiais de pel  e uñas. A vía tópica emprega os antifúnxicos cando se trata de infeccións leves e non invasivas, como xa mencionamos anteriormente. Se, polo contrario, se trata dunha infección grave e recorrente utilizaríase a alterativa sistémica para o seu tratamento.

Infeccións fúnxicas máis comúns:

  • Dermatofitose: orixinada por fungos dermatofíticos
  • Candidoses: infeccións fúnxicas cutáneas causadas por fermentos da pel que aparecen maiormente cando se aprecia infección
  • Onicomicose: os axentes causais son fungos dermatófitos, ou tamén +++podemos incluír os fermentos e mofos. O tratamento con antifúnxicos será máis ou menos efectivo segundo como estea a zona afectada
  • Antibióticos. O máis normal é que unha infección cutánea se trate de forma local, a pesar de que en moitas ocasións o uso de antibióticos tópicos se limita polo risco de producir resistencia s bacterianas se os tratamentos son prolongados.

 

  • Corticoesteroides tópicos. Son os produtos farmacolóxicos que se prescriben máis frecuentemente. Son produtos moi eficaces para determinadas enfermidades na pel. En ocasións producen reaccións adversas polo que é preciso controlar o tempo e lugar de aplicación. Os podólogos aconsellan comezar o tratamento cunha dose pequena e ir aumentándoa cando se observe melloría clínica.

 

  • Combinación de fármacos tópicos. Os corticoides tópicos adoitan estar asociados a antibióticos ou antifúnxicos. Este tratamento frea a resposta inmune do paciente a nivel local, polo que o resultado pode ser unha falsa ausencia de infección asignado ao antibiótico. Ademais, hai que ter presente que os fármacos poden chegar a producir reaccións alérxicas. O recomendable é tratar en primeiro lugar a infección, e se posteriormente é necesario, aplicar o corticoide.

 

A vía tópica de administración de medicamentos é un instrumento máis que imprescindible para a actividade diaria dun podólogo. Os tratamentos poden ser máis ou menos efectivos. O fallo deste pode deberse principalmente a que o paciente non o aplique correctamente coas pautas prescritas ou mesmo que o tratamento indicado non sexa o correcto.

No momento en que se termina o tratamento da afección e non se detecta ningunha mellora haberá que reconsiderar o diagnóstico inicial e ver se a solución pode ser a prescrición dun fármaco por vía sistémica.

                                    Imaxe cedida por freestocks.org en Unsplash