PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN EN PÉS E PERNAS

Moitas persoas sofren a diario problemas de circulación. Se apreciamos un inchazón nos pés ou unha simple sensación de formigo teremos que acudir ao podólogo xa que soen ser os síntomas máis correntes de problemas circulatorios.

Existen estudos que establecen que a partir dos 50 anos, a metade da poboación padece dunha mala circulación do sangue. Os pacientes soen infravalorar a situación, xa que por norma xeral non representa unha alteración grave para a saúde. Non obstante, hai que ter presente que a falta de circulación pode chegar a reducir a calidade de vida das persoas.

Síntomas

Existen unha serie de señais que observan a simple vista e que non indican que é moi probable que teñamos problemas de circulación. Os signos máis frecuentes son os seguintes:

  • Arañas vasculares. Como o nome indica teñen forma de arañeira e cor vermella. Ao igual que as varices aparecen debaixo da pel por un mal retorno do sangue
  • Varices e pernas inchadas. As varices aparecen cando as paredes venosas se debilitan e provocan unha acumulación de sangue nas venas
  • Engrosamento e cambio da cor das uñas dos pés. Se o sangue non chega correctamente aos dedos dos pés, as uñas poden volverse azuladas ou violetas como consecuencia da falta de osíxeno
  • Alteración na cor da pel. En ocasións os pacientes aparecen en consulta cos pés moi brancos, con mazaduras ou con certas manchas amarronadas. Son síntomas dunha mala circulación
  • Cansazo e esgotamento ao realizar movementos. Se temos a sensación de que nos costa movernos ou e que nos esgotamos facilmente pode que teñamos unha mala circulación do sangue
  • Cambios de temperatura. Debido á mala circulación, a temperatura dos nosos pés pode sufrir un descenso notable, ou ao contrario, poderemos sentir una calor excesiva neles
  • Pel seca e dura. Aquí ven a importancia de hidratar correctamente os pés, con cremas para evitar feridas superficiais. Cunha mala circulación, as feridas nos pés ou pernas cicatrizarán lentamente

Prevención

A continuación móstranse unha serie de consellos a seguir para previr ou mellorar todo problema relacionado co fluxo sanguíneo:

  • Evitar estar na mesma posición. Debemos mover as pernas e pés a miúdo , dar pequenos paseos e non estar sentados coas pernas cruzadas durante moito tempo. Resulta beneficiosos tombarse e colocar as pernas en alto
  • Medias compresoras. En caso de necesitalas débese acudir ao especialista para ver que grado de compresión se necesita e cal é a talla máis adecuada para cada persoa
  • Calzado cómodo e ancho. O máis importante é que o zapato transpire ben e evitar o tacón excesivo
  • Realizar exercicio de maneira regular. A práctica de deporte favorece notablemente a circulación
  • Dieta sa e equilibrada
  • A hidratación. Beber 2 litros de auga ao día e hidratarse os pés con cremas específicas para evitar a sequidade ou a aparición de durezas
  • Masaxear os pés. Aconséllase darse unha ducha con auga fría e aplicar masaxes na zona
  • Evitar poñerse cerca de fontes directas de calor como unha estufa ou un radiador, ou permanecer ao sol durante moito tempo

Tratamento

É fundamental acudir a un especialista en canto se detecte algún dos síntomas citados anteriormente, xa que as solucións dependen da gravidade da lesión. Entre os diversos tratamentos que poden recomendar os podólogos encontramos os fármacos estimuladores da circulación.

Como conclusión é primordial que no momento en que se detecten cambios ou indicios de padecer unha mala circulación do sangue se acuda ao podólogo. Este profesional mirará a causa do problema e aplicará o tratamento adecuado.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *