ALTERACIÓNS NO PÉ DO FUTBOLISTA

Para un podólogo o nivel de esixencia aumenta ao tratar a un futbolista xa que as necesidades de dito paciente non se parecen ás dun paciente normal. Un deportista de élite somete ao seu pé a un castigo moi superior xa que se trata dunha actividade que require dun pé resistente e á vez maltratado.

Todos os podólogos recomendan que no momento de iniciarse nun deporte débese comprar as primeiras zapatillas deportivas nunha tenda especializada onde poidan aconsellarte segundo as características. As características do pé do futbolista e as alteracións morfofuncionais que presenta veñen determinadas na maioría dos casos pola realización dun xesto biomecánico determinado dentro dun calzado inapropiado para o deportista.

As patoloxías máis frecuentes no pé do xogador habitual de fútbol son:

  • Hiperqueratose e helomas
  • Micose, eccemas e outras alteracións da pel
  • Alteracións da uña
  • Alteracións morfolóxicas e estructurais
  • Papilomas
  • Inespecíficas (hai que recalcar que un alto porcentaxe englóbanse dentro deste apartado)

Estas patoloxías son coñecidas por todos os deportistas e profesionais sanitarios, pero a maioría non supoñen impedimentos para a práctica deportiva. A excepción son as alteracións articulares que xunto ás inespecíficas como o nocello doloroso causan o maior número de lesións.

Do grupo de entidades patolóxicas que pode presentar o pé do futbolista falaremos de aquelas máis coñecidas que conlevan períodos de baixo rendemento ou incluso de repouso.

  • Nocello doloroso: non se corresponde cunha patoloxía concreta. Supón dores intensos e persistentes para o xogador e apréciase en forma de inchazón. Estas molestias van aumentando progresivamente a consecuencia de escordaduras de repetición que non se curaron e afectan ao movemento da articulación.
  • Contusións. Trátase dunha lesión provocada por un golpe nunha zona do corpo danando as estruturas internas e provocando a aparición de hematomas. As zonas musculares son as máis afectadas. Soen provocar dor continuo durante o exercicio e en repouso. En caso de existencia de hematoma débese ser especialmente cauteloso.

Tipos de contusións:

  • Contusións leves: golpes de baixa intensidade que se manifestan con dor, irritación e rotura de capilares. Como tratamento recoméndase diminuír a intensidade do adestramento e aplicar xeo con precaución
  • Contusións medias: nesta ocasión o sangue non se difunde de maneira uniforme senón que se concreta formando un hematoma. Para favorecer a reabsorción do hematoma colócase unha boa vendaxe sobre a zona afectada e prescríbese medicación
  • Contusións severas: o axente traumático provoca grandes lesións que pode desencadear a aparición dun tecido necrosado na pel provocando infección. Necesítase aplicar un coidado hixiénico na zona, unha vendaxe compresiva e flexible, ademais de terapia antiinflamatoria por vía oral e antibióticos en caso de infección

Todos sabemos que a práctica do fútbol require unha boa preparación física e con isto a necesaria atención sanitaria. Aínda que nun principio moitas das patoloxías son clasificadas como de menor importancia hai que ter presente que poden evolucionar e provocar situacións de diminución de rendemento ou imposibilidade para realizar o deporte.