ONICOMICOSE, UNHA PATOLOXÍA EMERXENTE

A onicomicose é a enfermidade que afecta con maior frecuencia ás uñas e é a principal responsable dos casos de alteración ungular (representa máis do 50 %)

Trátase da infección das uñas por fungos (dermatófitos, fermentos e mofos). A infección do fungo adoita iniciarse no bordo libre da uña e vai avanzado cara ao dedo producindo a alteración desta.

A onicomicose é máis considerable en adultos que en nenos. Concretamente, a prevalencia é máis alta en persoas maiores de 65 anos.

Cales son as causas?

  • Fungos dermatófitos (son os de maior frecuencia)
  • Fungos non dermatófitos ou mofos (teñen unha frecuencia baixa, pero son de importancia médica polo seu reto no diagnóstico e tratamento)
  • Fermentos
  • Infeccións mixtas

Diagnóstico

A frecuencia das micoses ungulares varía segundo determinados factores como poden ser o sexo, hábitos hixiénicos e outros procesos dermatolóxicos que lle afecten ao paciente.

Son varios os signos clínicos que poden aparecer coa infección:

  • Rotura da banda onicodérmica
  • Pregamentos periungulares laterais escamosos
  • Lámina opaca de cor marrón
  • Descoloración en bandas lonxitudinais
  • Engrosamento da lámina ungular
  • Fragmentación da uña
  • Manchas superficiais amareladas

En calquera caso o diagnóstico debe complementarse con técnicas de laboratorio para así examinar as mostras ungulares infectadas e identificar o axente causal.

 Prevención

O máis común é que a onicomicose se relacione cos seguintes aspectos:

  • Zapatos excesivamente grosos que facilitan a aparición da infección. Así mesmo un ambiente cálido, pechado e húmido supón o desenvolvemento de infeccións fúnxicas
  • Falta de coidado e hixiene dos pés
  • A utilización de duchas comunitarias e o non usar chancletas favorecen a infección recorrente por fungos

Os podólogos recomendan a prevención, especialmente, naqueles pacientes que padecesen a infección.

Tratamento

Temos que ser conscientes de que a onicomicose pode ser unha porta de entrada de infeccións a distancia, polo que é importante tratala a tempo.

Existen múltiples tratamentos para os fungos nas uñas. Os máis utilizados ata o momento son:

  • Tratamentos tópicosSon os máis habituais. Inclúense os vernices ou lacas ungulares.
  • Tratamentos oraisUtilízanse en casos máis graves, cando non funcionaron os procedementos anteriormente citados.

Se a matriz da uña viuse afectada polo fungo, pode aconsellarse tomar medicamentos vía oral.

Hoxe en día existe consenso xeral en que o tratamento oral debe estar sempre acompañado dun tratamento tópico con laca.

Tamén é moi importante acudir ao podólogo para que realice quiropodia e eliminar as zonas afectadas da uña co que se facilita a penetración dos tramentos tópicos.

Poboacións especiais

  • Anciáns. O tratamento debe aplicarse de maneira individualizada e tendo en conta aspectos como: as necesidades do paciente, a súa condición física e a patoloxía asociada.
  • Nenos. A onicomicose é pouco frecuente nos nenos, aínda que se comenta que hai un aumento da súa aparición nos últimos anos. Nese caso deben ser examinados para detectar un posible pé de atleta (infección por fungos nos pés).
  • Embarazadas. Excepto naqueles casos imprescindibles, débese evitar a administración de antifúnxicos orais ás mulleres embarazadas.
  • Inmunodeprimidos. As infeccións fúnxicas das uñas provocan incomodidade física, e mesmo, alteracións emocionais nos pacientes con infección por VIH.
  • Diabéticos. A onicomicose é moi frecuente en diabéticos. Pode levar a aparición doutras infeccións locais ou sistemáticas, así como complicacións de carácter cirúrxico.