AS MULLERES CON FIBROMIALXIA PADECEN MÁIS PROBLEMAS NOS PÉS

Cando falamos de fibromialxia (FM) facemos referencia á dor nos músculos e no tecido fibroso (ligamentos e tendóns). Esta enfermidade reumatolóxica caracterízase por dor musculoesquelética xeneralizado e sensación dolorosa á presión nuns puntos específicos (puntos dolorosos). É unha enfermidade frecuente, padécea entre o 2 e o 6 % da poboación, na súa maioría mulleres.

Diferentes estudos confirman que as mulleres que sofren fibromialxia presentan un incremento de problemas nos pés  como os xoanetes, esporón calcáneo ou deformidades nos dedos, entre outros.

Ademais da dor, a fibromialxia ocasiona moitos outros síntomas: cansazo, trastornos do soño e mesmo ansiedade ou depresión. Tamén é común a sensación de inflamación mal delimitada en mans e pés. A fibromialxia ten unha especial repercusión na función do pé. Repercute na perda de equilibrio, dificultade para calzarse a consecuencia dos cambios na forma dos pés, peor saúde dos pés e menor tolerancia á dor destes.

En moitas ocasións os podólogos informan os pacientes da existencia de soportes plantares específicos, especialmente importantes, se resulta tarefa complicada o feito de atopar o calzado adecuado.

A visita regulada xunto ao podólogo para controlar e reducir a presenza dos problemas nos pés nas persoas con fibromialxia reduciría substancialmente a carga de malestar dos pacientes. O podólogo pode utilizar dous tipos de tratamentos. Os primeiros son os tratamentos podolóxicos conservadores, como son as soletas a medida que  contribúen a mellorar a postura, o equilibrio e facilitar a autonomía. Así mesmo, poderiamos incluír as ó órteses de silicona elaboradas polo podólogo que axudan a controlar a posición das deformidades dos dedos e a perda de tecido graxo.

Por outra banda existe a cirurxía podolóxica con tratamentos cirúrxicos con anestesia local para aqueles casos máis serios e complicados.

Estamos a falar dunha enfermidade crónica que ten unha relación directa cos pés cun impacto decisivo nas persoas que a padecen.