O SOBREPESO, GRAN CAUSANTE DA DOR DE PÉS

O sobrepeso é un trastorno que ten efectos en todo o corpo, tales como problemas de circulación, exceso de colesterol, limita considerablemente a mobilidade, a flexibilidade, a resistencia e ten un impacto directo nas articulacións, especialmente as das extremidades inferiores, cadeira, xeonllo, nocello e a nivel xeral nos pés.
O sobrepeso é unha das principais causas que afectan a saúde dos pés e pode provocar dor nas plantas, gretas nos talóns ou problemas circulatorios.
Ademais pode xerar molestias noutras articulacións como os xeonllos e os nocellos, e no caso dos nenos pode causar aplanamento do pé e outras preocupacións no aparello locomotor. Está clinicamente demostrado que a obesidade ou sobrepeso dá lugar a un aplanamento do arco interno do pé que desencadea en patoloxías como a fascite plantar e o esporón calcáneo.
Así mesmo, xérase distensión nos músculos e ligamentos e isto provoca que estas estruturas deixen de manter en equilibrio as articulacións do pé para a súa correcta función.
Outra das consecuencias do sobrepeso é a aparición das uñas cravadas na carne. Nesta situación, ao mal corte das uñas súmaselle que o exceso de peso xera maior grosor do rodete que acolle a lámina ungular e por tanto prodúcese maior presión e unha tendencia máis inclinada a ter uña cravada.
É moi habitual que as persoas con sobrepeso teñan unha incorrecta vascularización do pé como consecuencia da presión exercida sobre os vasos sanguíneos a causa do exceso de graxa no corpo.
Moitos son os casos de persoas con obesidade que utilizan calzado aberto xa que é máis fácil de poñer e quitar. Pero o seu uso reiterado non é favorable porque o pé exponse a agresións externas ao non ter a protección necesaria.
É necesario entender que para que un tratamento conte coa máxima posibilidade de éxito é necesario que o paciente tente, na medida dos posible, diminuír as cargas que soportan os seus pés.
Consellos do podólogo
- Hidratar correctamente os pés. En caso de padecer gretas nos talóns é moi importante a hidratación para aliviar a intensa dor e curalas canto antes. As máis recomendables son as cremas en spray
- Utilizar un calzado cómodo, que non aperte pero que suxeite ben e con contraforte duro. En caso de descoñecemento, o podólogo informará das características adecuadas do calzado para cada paciente
- Utilizar persoais que acomoden as partes brandas dos pés. Serve de axuda para diminuír o exceso de presión sobre a planta e evitar alteracións en xeonllos e cadeiras e a aparición de durezas.
- Prestarlles especial atención ás nenas e nenos obesos. Son os que sofren máis esmagamento sobre o pé e isto repercute na constitución das pernas, na aliñación das cadeiras e na formación da columna vertebral
É recomendable que as persoas con sobrepeso realicen revisións periódicas no podólogo co obxectivo de evitar estas afeccións e complicacións maiores para a saúde dos seus pés.