O CALZADO XERIÁTRICO

O calzado é un aspecto influínte na saúde dos anciáns. Falaremos de como debe ser o calzado desde a perspectiva dunha axuda técnica para as persoas maiores, de maneira que lles permita levar a cabo a súa actividade diaria coa maior facilidade posible.

Na maioría dos tratamentos podolóxicos as órteses plantares son máis ou menos eficaces segundo as propiedades do calzado que as complementen.

Un calzado xeriátrico apropiado debe, en primeira instancia, protexer o pé, adaptarse a el e facilitar a marcha. En canto ás características básicas debe ser lixeiro, cómodo e con espazo extra para o correcto uso de soletas.

Aspectos fundamentais que debe reunir un calzado xeriátrico:

  • Texidos de pel e materiais elásticos, unha mestura posible grazas ás actuais técnicas de fabricación de calzado. Este tipo de deseño e fabricación consegue unha alta elasticidade, reducindo de forma considerable a presión en zonas álxidas e proporcionando firmeza e bo axuste nas partes estables do pé, talón e laterais. Recoméndanse as peles suaves de orixe caprina e os acolchados para unha boa adaptación e evitar presións e rozaduras no pé.
  • A sola debe ser grosa e branda, aínda que non exceso, para proporcionar amortiguación  (entre 1,5cms e 3 cms de grosor). Desta maneira conseguirase un bo illamento mecánico e evitaranse esvaramentos. As solas con estas características proporcionaranlle estabilidade e seguridade ao paciente
  • Contrafortes suaves e topes lixeiros. As partes anterior e posterior do calzado deben ir reforzadas. O reforzo na punteira protexe especialmente os dedos do pé e suxeita a soleta para a súa correcta función. Por outra banda, o reforzo na traseira proporciónalle estabilidade e resistencia ao pé, ademais de fortalecer o uso das soletas.
  • Peche con cordón ou velcro. Este tipo de peche facilita a adaptación do calzado ao pé do paciente. Os cordóns con elasticidade son o máis recomendable ao permitir un bo axuste na zona da empeña. No caso de que haxa dificultades para atar os cordóns existen velcros que facilitan a tarefa.
  • O zapato debe ser dun material lixeiro, e debe permitir facilmente a flexión dos dedos dos pés.. De igual modo, moitos destes pacientes utilizan órteses plantares ou soletas polo que será necesario que, antes de comprala, visiten ao podólogo para elaborar unha a medida.

As novas tecnoloxías, como poden ser os escáneres para rexistrar a forma 3D do pé, e os novos sistemas de fabricación máis flexibles fan que co paso dos anos se poidan personalizar aínda máis os zapatos.

Recomendacións para a elección do zapato xeriátrico

Despois de coñecer unha serie de características referidas á forma e material do calzado debemos ter en conta outros aspectos secundarios:

  • Considerar que uso lle imos dar ao calzado e ter en conta os problemas que teñamos nos pés. A estética vai nun segundo plano
  • Probar o calzado en ambos os pés pola tarde é fundamental en persoas con problemas circulatorios xa que o pé alóngase ao longo do día. Co zapato posto deben poder moverse todos os dedos libremente
  • Substituír aqueles zapatos que polo seu uso reiterado estean deformados
  • Debemos escoller os zapatos de acordo coa estación do ano na que os imos a poñer

Como xa vimos, a principal finalidade dos zapatos é protexer os pés e previr lesións, polo que deben axustarse correctamente. Desta maneira, os zapatos deben adaptarse á forma dos pés, o que consecuentemente indica que non son os pés os que teñen que adaptarse á forma dos zapatos.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *