A DOR DE PÉS DURANTE O EMBARAZO

Durante os meses de embarazo prodúcense nas mulleres unha serie de modificacións a nivel fisiolóxico que terminan por ter repercusión nos seus pés, tanto no seu funcionamento como na forma de camiñar.
O aumento de volume abdominal orixina un desprazamento do centro de gravidade en posición estática que desencadea nun aumento progresivo da curvatura lumbar. Isto provoca un cambio importante na marcha. Estariamos a falar, principalmente, da redución da velocidade e aumento de sustentación (separación dos pés).
Nos meses de verán, o bo tempo e a subida das temperaturas afectan especialmente aos pés das mulleres que se atopan no último período de embarazo. Os problemas máis frecuentes son a dor e as molestias ao camiñar e incluso dificultades para usar algún zapato, aínda que este cumpra as características adecuadas.
O aumento de volume e peso repercute nos membros inferiores sobrecargando a musculatura e algunhas articulacións como o xeonllo, a cadeira e o xeonllo. Un cambio significativo nos pés é a diminución en altura do arco interno a consecuencia do aumento do peso que fai que a musculatura encargada de dar sustento ao arco se vexa debilitada e/ou sobrecargada.
A prevención e o tratamento do afundimento do arco ao camiñar faise con soletas. As soletas escollidas serán conforme ás medidas e necesidades de cada paciente e proporcionarán un mellor soporte e axuda para a correcta distribución dos apoios plantares. Tamén son moi comúns as cambras na cara posterior das pernas e coxas debidos á fatiga e ás alteracións circulatorias.
Outro dos problemas frecuentes nos pés das embarazadas é o edema, unha inflamación dos pés e nocellos. O útero exerce presión nos vasos sanguíneos da cadeira producindo unha diminución da velocidade da circulación de retorno. Por norma xeral maniféstase durante os últimos meses de embarazo.
É importante que todas as mulleres embarazadas teñan coñecemento sobre a saúde dos pés durante o embarazo para poder previr a dor nestes nove meses.
Seguindo os consellos dun podólogo, as alteracións serán menores e despois do parto os pés volverán á normalidade.
Coidados do pé durante o embarazo
- É importante controlar o peso e que se atope dentro dos límites establecidos. Para activar a circulación é recomendable moverse e non estar moito tempo sentado/a
- Para mellorar a circulación e baixar o inchazón recoméndase dar paseos largos por zonas tranquilas. Iso si, hai que seguir unhas pautas para non esgotarse excesivamente. O aconsellable é facer exercicio moderado cada día
- Estar preferiblemente nunha postura coas pernas elevadas. Recoméndase non sentarse coas pernas e nocellos cruzados
- Evitar presións como podería ser a roupa axustada. Pódense utilizar medias especiais ou de descanso
- Evitar largas exposicións de tempo en lugares onde faga moita calor. Manter a temperatura corporal fresca será de gran axuda para evitar a inchazón dos pés.
- É recomendable beber moita auga. Isto fará que o corpo reteña menos líquido. O aconsellable é beber polo menos 2 litros de auga ao
- Levar unha dieta equilibrada, con comidas lixeiras e baixas en graxas. Así mesmo débese reducir a cantidade de sal nas comidas
- É necesario hidratar os pés a diario para activar a circulación
- Dar masaxes nos pés e realizar baños de contraste frío e calor especialmente ao terminar ao día