A UNLLA ENCARNADA, O PROBLEMA MÁIS COMÚN NAS UNLLAS DOS PÉS

Moitas das deformidades e problemas que aparecen nas unllas pasan desapercibidos porque a persoa non detecta ningún síntoma. En ocasións, as unllas reflexan o noso estado xeral da saúde. Os cambios que se producen nelas como a decoloración ou o engrosamento poden sinalar problemas de saúde como enfermidades do fígado e dos riles, así como anemia, diabete e problemas de corazón.
As alteracións que aparecen nas unllas poden deberse a múltiples factores. Estes problemas poderían proceder da propia morfoloxía da unlla, de infeccións por fungos, alteracións no crecemento, consumo de certos medicamentos, traumatismos…
Que é a unlla encarnada?
A onicocriptose ou unlla encarnada é un dos problemas máis habituais nas unllas e soe darse con maior regularidade en xente nova. A simple vista pódese apreciar como a unlla se enterra baixo o surco ungueal producindo inflamación, arroibamento, dor e incluso infección na persoa afectada. Esta patoloxía afecta normalmente ao dedo gordo, pero pódese presentar en calquera deles. Pódense diferenciar dous tipos de unlla encarnada: lateral e anterior (cando a unlla se incarna cara diante).
Causas
Malformacións nas unllas
|
Segundo a forma dos dedos ou do pé terase máis ou menos propensión de sufrir esta patoloxía |
Traumatismos
|
O calzado que utilizamos para unha actividade determinada pode supoñer que os dedos sufran microtraumatismos que terminen nunha unlla encarnada |
Uso de calzado inadecuado
|
Un calzado demasiado pequeno ou cunha punta moi estreita fai que a unlla poida verse afectada ao estar sometida a certa presión |
Mal corte das unllas
|
É a causa máis frecuente. Se o paciente intenta cortar a esquina da unlla cunhas tesoiras pode que o borde da unlla cravada estea moi profundo e o corte non se realice con efectividade. Isto pode derivar na aparición dun pequeno pico na zona máis fundida da unlla agravando o problema |
Forma de pisar incorrecta
|
Isto inflúe na parte lateral da unlla que se ve afectada polo movemento. Recoméndase facer un estudo da marcha e da pisada |
Tratamentos
Será o podólogo o que decida en función da etapa na que se detecta, o grado de afectación e da cronicidade da lesión, o tratamento máis adecuado. O que debemos ter en conta é que sempre o debe realizar un profesional especializado en afeccións do pé. Basicamente podemos facer mención a dous tratamentos:
- Tratamento conservador. Consiste en realizar un corte liso (normalmente con bisturí) sobre el borde de la uña que está encarnada. Posteriormente aplícanse técnicas de reeducación da unlla, co obxectivo de que a unlla creza seguindo un curso apropiado para non volva cravarse. A eficacia desta técnica vai depender da forma de cada unlla.
- Tratamento quirúrxico. Consiste en realizar unha pequena cirurxía de carácter ambulatorio. Este tipo de tratamento levarase a cabo nas onicocriptose de repetición, cando haxa presenza de granuloma (masa máis ou menos esférica de células inmunes que se forma cando o sistema inmunolóxico intenta illar substancias estrañas que foi incapaz de eliminar) ou cando as técnicas conservadoras resulten pouco efectivas. O resultado esperado sería unha unlla na que o borde operado xa non crecería e que tería un bo aspecto estético.
A unlla encarnada é unha afección á que moitos non lle dan a importancia necesaria cando aparece. Existen moitos casos nos que a propia persoa decide tratarse por si mesma, o que implica case sempre un empeoramento da situación. A prevención é a clave. Pero se chegamos a observar un encarnamento da unlla débese acudir xunto ao podólogo para o seu posterior tratamento.