O ORTOPEDISTA NON TEN FACULTADE PARA DIAGNOSTICAR

Na maioría das ocasións, cando unha persoa sofre algún tipo de dor nos pés acude xunto a un podólogo para coñecer cal é o problema e posteriormente tratalo. Pero, se preguntamos aos cidadáns as diferenzas entre a ortopedia e a podoloxía seguramente non o teñan claro.
Nesta publicación trataremos de explicar en que se diferenzan as funcións que debe levar a cabo un podólogo das dun ortopedista. Desta maneira poderás saber que profesional realizará o diagnóstico e tratamento adecuado para o teu caso en particular.
O podólogo realiza actividades dirixidas ao diagnóstico e tratamento das afeccións e deformidades dos pés. Debemos de ter claro que un podólogo ten a facultade para prescribir, fabricar e/ou adecuar soletas ortopédicas para os seus pacientes. Por outra parte, o técnico ortopédico é o especialista que deseña, confecciona e toma as medidas necesarias para o desenvolvemento de orteses e próteses, para patoloxías que diagnostican o médico ou o podólogo.
As súas funcións son incompatibles coa utilización dun medio de diagnóstico como é o banco de marcha. Os bancos de marcha son productos non sanitarios que se empregan para a evaluación da pisada e corrección das anomalías dos pés, polo que unicamente os médicos e podólogos poderían dispoñer deles.
Un aspecto que mesmo os ortopedistas non teñen claro é o seguinte. Unha clínica de podoloxía non é un establecemento de venta de produtos ortoprotésicos do pé, senón un centro onde se levan a cabo tratamentos do pé, que poden ser coa modalidade de colocación e adaptación de próteses compradas en establecementos subministradores ou ben receitando as características do produto ao técnico ortopédico. Ademais para poder fabricar un produto a medida o podólogo debe ter concedida a licencia previa de fabricante de produtos sanitarios a medida.
Cabe sinalar que na confección de soportes plantares non existen por medio intereses económicos por parte do podólogo en ningunha das etapas de fabricación e elaboración do mesmo. Elabórase para un único paciente e non se procede á súa venta, senón a solicitar honorarios profesionais do tratamento, a diferenza do que sucede no sector dos ortopedistas
Con isto temos que ter claro que a actividade da podoloxía non é compatible coa do técnico ortopedista de conformidade coa Lei do Medicamento do 2006.
O diagnóstico das deformidades dos pés é unha actividade sanitaria que forma parte da tarefa profesional do podólogo/a, motivo polo que no caso do ortopedista, estaría cometendo un delito de intrusismo profesional.