OS RISCOS DUN FALSO ESTUDO NA PISADA DO DEPORTISTA

Na actualidade existe unha certa preocupación por parte dos centros de podoloxía en canto ás plataformas de estudos da pisada que se están a levar a cabo por diferentes marcas deportivas, centros comercias, zapaterías especializadas e ortopedias. Uns estudos sen fondo e forma nos que moitos cidadáns confían.

O combate ante as lesións deportivas

A actividade deportiva experimentou nas  últimas décadas un destacado avance que sen dúbida inflúe de maneira positiva na saúde dunha persoa. Iso si, como calquera outra actividade non está exenta de riscos como poden ser: un adestramento incorrecto ou o uso dun calzado deportivo non adecuado para os movementos específicos que provoca alteracións nos pés do usuario. Isto último pode supoñer a aparición dun maior número de lesións ou agravar as patoloxías xa existentes.

En xeral, o risco de sufrir lesións deportivas é bastante alto, aproximadamente o 50%. Nun primeiro momento estamos a falar de lesións de pouca gravidade, pero cando non se actúa sobre elas poden desembocar en traumatismos de maior profundidade e gravidade

Os deportistas que presentan algún tipo de alteración biomecánica nos pés, deben de maneira imprescindible conseguir soportes plantares para a súa mellora e recuperación.

O estudo da pisada

Hai que ter en conta que non calquera persoa ou institución é a indicada para asignar o tratamento senón que debe existir un estudo completo previo “estudo da pisada”.

Defínese como o “procedemento que se realiza co fin de diagnosticar posibles alteracións patomecánicas do membro inferior e pés que poden estar relacionadas con algunha dor, lesión ou patoloxía concreta, e na maior parte dos casos, para prescribir un tratamento ortopodolóxico adecuado, soporte plantar, calzado ou calquera outro tipo de prótese de aplicación no pé”. A análise da marcha ou estudo da pisada require  dos coñecementos previos adquiridos en base a unha formación específica, polo que unicamente o podólogo e o médico son os facultativos con capacidade diagnóstica

De este xeito a exploración levaranos a un diagnóstico real da tipoloxía funcional do pé do deportista e así ver se está relacionado ou non coa lesión que sufre. En definitiva vemos que resulta imprescindible unha prescrición adecuada para asignar ao suxeito os soportes plantares necesarios e o tipo de zapatilla que debe utilizar para levar a cabo a súa actividade.

Por outra banda, a  prescrición de calzado deportivo en base ao análise do pé entre supinador, pronador ou neutro é excesivamente simplista e potencialmente prexudicial para a saúde dunha persoa.

 A visión do podólogo galego, Manuel Mosqueira

Mosqueira explica que á hora de realizar unha exploración correcta a un deportista débese comezar por unha valoración  da movilidade tanto na padiola como de pé, con test dinámicos e funcionais. A continuación, apunta que se deben realizar probas de estabilidade, de marcha e de xesto deportivo concreto en función do deporte que practique o paciente. “Es importante intentar simular una situación real para conocer de la forma más exacta qué sucede, cómo sucede y qué repercusiones puede tener en el deportista” –destaca–.

En canto ao calzado, Manuel destaca que é fundamental coñecer os diferentes sistemas de control de movemento, amortiguamento e suxeición do calzado deportivo, non só no pé do deportista, senón tamén na superficie do xogo para evitar posibles altercados e reducir o risco de sufrilas. “El calzado es una parte fundamental del pie, lo da todo y también lo quita, es generador de lesiones y también las soluciona” –considera–.

Conclusións

Os deportistas son cada vez máis conscientes da importancia dun estudo biomecánico previo á actividade, tanto con fins preventivos como para a mellora do seu rendemento. Os centros comerciais e marcas deportivas coñecen este feito e ofrecen de forma enganosa diagnósticos do pé para recomendar un ou outro tipo de calzado ou incluso ofrecer soletas pre-fabricadas. Unha situación que pode empeorar a doenza do deportista e derivar en consecuencias negativas para o  rendemento da súa actividade.