PASOS A SEGUIR PARA MONTAR UNHA CLÍNICA PODOLÓXICA

Todos os que nalgunha ocasión intentaron abrir unha clínica podolóxica saben que os pasos necesarios para facelo non están o suficientemente claros e as administracións non soen colaborar facilitando a tarefa.

  • O primeiro paso para poñer en marcha unha clínica é sempre a colexiación (que inclúe tamén o Seguro de RC). É totalmente ilícito abrir unha clínica podolóxica sen estar estar colexiado. Ademais o Colexio ofrecerá o asesoramento adecuado respecto aos seguintes pasos a seguir.
  • Despois de colexiarte, para poder tributar fiscalmente, é necesario darse de alta tanto se vas traballar como autónomo ou como calquera tipo de sociedade. O recomendable, en ambas situacións, é acudir a unha xestoría para ver cal é a fórmula máis adecuada para a situación concreta de cada un. Hai que pensar que non é o mesmo que na clínica podolóxica vaias a traballar ti só que vaias a contratar a máis persoal. Durante este proceso tamén será necesario acudir a Facenda para darse de alta como obrigados tributarios.
  • A seguinte actuación a levar a cabo sería acudir ao concello da localidade na que teñamos idea de abrir o negocio e informarnos sobre a normativa e requirimentos necesarios para abrila. Unha vez que teñas a normativa municipal sería recomendable asistir a unha empresa de arquitectura ou enxeñería no tocante a licenza de obras.
  • O seguinte paso sería a inscrición da actividade na Consellería de Sanidade

 Unha vez cumprido este proceso é o momento de adquirir o material necesario para poder exercer a actividade.

 Equipamento básico

Equipamento e material na área de quiropodoloxía:

  • Cadeira podolóxica
  • Taburete para o profesional
  • Equipo podolóxico: tomo podolóxico ou micromotor, sistema de aspiración e sistema de iluminación móbil

O instrumental para levar a cabo a actividade:

  • Mango de bisturí
  • Pinza de Adson
  • Alicate para unllas
  • Gubia
  • Tesoiras
  • Fresas para micromotor
  • Material mínimo funxible dun só uso
  • Material farmacolóxico

Tamén se debe cumprir que a esterelización sexa efectiva, demostrable e con posibilidade de comprobación da mesma.

Infraestructura e equipamento opcional (en función da actividade desenvolvida)

 Área de exploración biomecánica

  • Banco de marcha ou podoscopio
  • Padiola ou cadeira podolóxica reclinable
  • Instrumental: goniómetro, pedígrafo, martelo de reflexos, plomada, cinta métrica

Área de ortopodoloxía

  • Pulidora
  • Serra eléctrica
  • Pistola de aire quente
  • Forno eléctrico

Área de cirurxía específica

  • Cadeira podolóxica de cirurxía
  • Equipo básico de RCP en disposición permanente de uso
  • Grupo electróxeno autónomo
  • Material: mango de bisturí, pinza de disección, alicates, gubia, tesoiras, limas

Estes son os trámites básicos para a apertura dunha clínica; non se debe esquecer que ademais de estas cuestións básicas a clínica debe cumprir o resto da lexislación aplicable, como a correspondente á Protección de Datos, a inscrición nos rexistros pertinentes (como poden ser o REPS ou o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos Sanitarios…) e demais normativa de aplicación.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *