O PAPEL DO PODÓLOGO NO TRATAMENTO DO PÉ DIABÉTICO

O Consello Xeral de Colexios de Podólogos solicita a creación de unidades de pé diabético que inclúan nos seus equipos os coñecementos do podólogo
O podólogo é o profesional sanitario que conta cunha formación e unha visión integral do pé, e concretamente do pé diabético, polo que ten un papel fundamental na súa prevención e tratamento así como na redución de amputacións derivadas de esta enfermidade. Os coñecementos deste experto deben aproveitarse para o beneficio da sociedade. É definido nalgunhas das unidades como o “gatekeeper”, é dicir, coordinador e mediador cos pacientes. A especialización coa que conta este profesional sanitario é a indicada para a prevención e atención dos perxudicados.
O síndrome do pé diabético é unha complicación derivada da diabete. As súas consecuencias reducen de maneira considerable a calidade de vida dos afectados. Esta enfermidade está considerada como a primeira causa de amputacións non traumáticas de extremidades inferiores.
Asimesmo podemos citar algúns dos efectos desta enfermidade, como son: a alteración da presión arterial, a posible alteración da visión, especial relevancia no deterioro progresivo da sensibilidade (neuropatía periférica) e unha maior propensión a desenvolver lesións de importancia como son as úlceras, especialmente en zonas de presión.
O grupo de Traballo Internacional sobre pé diabético (IWGDF), a Federación Internacional de Diabete (IDF) e a Asociación de Diabete Americana (ADA) tamén defenden que “os cidadáns afectados por esta patoloxía débense organizar ao redor de unidades multidisciplinares nas cales debe incluirse a figura do podólogo en calquera dos niveis de atención.
Algúns datos que reflexan a importancia do tratamento do pé diabético son os seguintes:
- O 84% das amputacións maiores en pacientes con diabete débense a unha úlcera do pé diabético
- O15% dos pacientes con diabete desenvolverá unha úlcera de pé diabético
- A taxa de amputacións de membros inferiores en España é de 2,9 por cada 1000 diabéticos
Estamos a falar dunhas cifras moi elevadas para os altos índices de desenvolvemento que ten España.
A postura do Colexio de Podólogos de Galicia
O Colexio de Podólogos de Galicia mantense en contacto coa Consellería de Sanidade para facilitar o acceso dos pacientes diabéticos a unha asistencia podolóxica especializada.
Entre estas dúas institucións estase desenvolvendo un convenio de colaboración para a elaboración dun programa de prevención e atención podolóxica a pacientes diabéticos e de risco. O acordo basease na derivación de pacientes de Atención Primaria ás clínicas de podoloxía. Non obstante, o Colexio Galego ten a intención de avanzar un pouco máis, e considera máis que necesario que o podólogo se inscriba nas unidades de endocrinoloxía das setes áreas sanitarias galegas, pasando a formar parte dos equipos multidisciplinares. Con esta premisa, o obxectivo de reducir os casos de pacientes diabéticos con úlceras ou amputacións e os seus costes sanitarios sería viable. Non menos importante é o tocante á saúde dos afectados, que sen dúbida a súa calidade de vida veríase mellorada. “A mortalidade tras unha amputación por pé diabético supera o 70%, por enriba da dos cancros máis comúns”. Este apunte ven recollido nun informe realizado polo Consello Xeral de Podólogos de Galicia. Estamos a falar dun dato moi alarmante, unha porcentaxe moi alta que pode aumentar se non se toman as medidas adecuadas para o seu tratamento.
Maior sensibilización
A situación actual leva ao paciente a un mal prognóstico por falta dun real diagnóstico, tratamento e medidas preventivas. Para coñecer os perxuicios existentes inclúese un dos sistemas de estadiaxe de lesións de pé diabético máis coñecido: a clasificación de Meggit- Wagner
Unha serie de datos que aportan a gravidade do asunto son os seguintes:
- Cada 20 segundos, nalgún lugar do mundo, un paciente sofre unha amputación dunha perna como consecuencia da diabete e moitas de estas amputacións son previsíbeis
- A prevalencia do pé diabético está entre o 8% e o 13% da poboación diabética e en persoas entre 45 e 65 anos
- O 40% das lesións no pé diabético pódense evitar se se diagnostican e tratan de maneira precoz
- O custo dunha amputación por pé diabético supón 25.000 € por paciente
- O aforro de costes asistenciais derivados de patoloxías podolóxicas atendidas por outros profesionais da saúde calcúlanse ao redor do 60%
As autoridades sanitarias, profesionais da saúde e a sociedade deben concienciarse do impacto socio-sanitario que supón o pé diabético.