O INTRUSISMO PROFESIONAL NA PODOLOXÍA

Nos últimos anos detectouse un incremento notable de casos de intrusismo profesional que prexudican seriamente a profesión da podoloxía. Isto viuse reflexado no número de denuncias presentadas no Colexio que suman un total de 86 nos últimos 5 anos.

A problemática do intrusismo

O intrusismo en podoloxía é practicado habitualmente por dous tipos de persoas, por unha banda, as persoas que non dispoñen de ningunha titulación sanitaria como as esteticistas, e por outra banda a actuación de outros profesionais sanitarios que invaden competencias propias dos podólogos. A actuación de uns e outros xeran desconfianza na poboación e poden afectar a seguridade e a integridade das persoas que, por descoñecemento, se expoñen aos falsos profesionais. O Colexio estase a atopar con diversas problemáticas a hora de denunciar estes casos como pode ser a falta de actividade inspectora e sancionadora da administración sanitaria, que só vixía aos centros sanitarios e non outros locais onde se practica o intrusismo. Outra dificultade é a de atopar testemuños que se involucren xudicialmente

A pesares de isto, o Colexio non cesa no seu empeño de tentar informar aos cidadáns da importancia de acudir a profesionais titulados que garantan unha asistencia sanitaria de calidade e insiste na presentación de plans de actuacións ante diferentes organismos.

Protocolo de actuación

En canto ao protocolo de actuación, soamente se inicia se a denuncia interposta se realiza a través do portal web do Colexio, tal e como esixe a Lei de Colexios Profesionais. Unha vez recibida dita denuncia, a administración do Colexio, o departamento de intrusismo e a asesoría xurídica verifican que a información estea completa e, ao mesmo tempo, que sexa verídica, levando a cabo as súas propias actuacións ao marxe do denunciante. Nalgunhas ocasións atopámonos con denuncias resultantes de problemas persoais entre profesionais que compiten por un sector de mercado na súa poboación. Por iso, consideremos que a primeira fase de investigación é esencial para detectar os verdadeiros casos de intrusismo profesional.

Posteriormente, lévanse a cabo diferentes actuacións en función do sector ao que pertenza a persoa denunciada. No caso dos podólogos colexiados, a acción frecuente para resolver a incidencia soe ser a través dunha chamada telefónica. Se se trate de outro profesional sanitario non podólogo, o habitual é o envío dunha carta certificada ao seu domicilio profesional e outra carta ao colexio profesional que corresponda informándolle da denuncia e o inicio de actuacións investigadoras por parte do Colexio. Paralelamente ao envío de ambas cartas, remítese unha queixa formal á Consellería de Sanidade informando do caso de intrusismo.

Por outra parte, é moi frecuente que o denunciado non teña ningún título profesional sanitario e que exerce a actividade como tal. Neses casos, que son os máis graves,  polo risco que corre a saúde do paciente, procédese a enviar unha carta ao domicilio que figure, e ao mesmo tempo establécese comunicación coa Consellería de Sanidade para que estude as inspeccións correspondentes.

As denuncias das actuacións acometidas que foron levada ante a Consellería de Sanidade soen resultar ineficaces, ben porque tardan meses ou anos en efectuar algunha dilixencia, ou ben porque nunca se chega a iniciar acción algunha.

Cabe dicir que o resto de actuacións frecuentan resultar plenamente eficaces, polo menos no referido á disuasión do intruso a publicitarse.

Un dos moitos casos de intrusismo

Na tarde do 20 de setembro do 2016 foinos notificada a Sentencia de data 19 de setembro de 2016 na cal se conde a D.Emilio Arias pola comisión dun delito de intrusismo profesional previsto no artículo 403.1.1º á pena de dez meses de multa a razón de 15 euros diarios.

Coñezamos un pouco máis o caso:

O acusado atendía a pacientes con distintas patoloxías podolóxicas sen posuír dito título. Este falso podólogo traballaba nunha clínica coñecida co seu nome “Emilio Arias”, a cal recollía múltiples especialidades, sen mencionar de maneira expresa a podoloxía. En canto ás tarxetas e seguros mencionábase a especialidade de podoloxía pero non se lle denominaba a D.Emilio como tal. O propio acusado prestou todas as cautelas posibles para non ser descuberto xa que sempre tiña un podólogo titulado dado de alta na Sanidade e ademais rodeábase de outros facultativos titulados noutras especialidades para derivarlle os pacientes con patoloxías máis graves.

A maxistrada firmante da sentencia fixo a condena con base a unha serie de probas que quedaron acreditas no Xuicio Oral, tendo en conta os precisos Fundamentos Xurídicos.

COPOGA cumpriu nesta ocasión con unha das misións primordiais: a persecución do intrusismo profesional.

Este caso de intrusismo na podoloxía ten protagonismo na reportaxe emitida este martes no programa de Cuatro “En el punto de mira”. Na reportaxe pódese ver como estes “falsos profesionais” exercen unha actividade sen estar titulados, poñendo en risco a saúde das persoas. Enlace ao vídeo ( a partir do 50’30”)