COMO PODO SABER SE ESTOU ATENDID@ POR UN PODÓLOGO PROFESIONAL?

Cabe recordar que o podólogo é  a persoa cualificada para encargarse da prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación de enfermidades que afectan aos pés. En principio é posible acudir a un podólogo sempre que se queira e, así mesmo, é recomendable facelo sempre que se teña certa dor ou molestia nos pés, especialmente si se prolonga durante un tempo.

Cando decidimos ir xunto a un podólogo facémolo na maioría dos casos por algunha referencia dalgún familiar ou amigo, no momento en que o vemos como o único remedio.

É importante coñecer cales son as principais esixencias que os podólogos profesionais deben cumprir para exercer a súa profesión de maneira lícita. Deste xeito os afectados poderán recibir un diagnóstico e tratamento para os determinados problemas e incluso, a prescrición da medicación requirida

1. O podólogo ten que estar inscrito no Colexio Oficial de Podólogos para a realización da súa actividade.

2. Todo profesional da podoloxía debe ter o seu rexistro sanitario á vista no seu espazo de traballo. No caso de que acudas a unha clínica e non o encontres por ningunha parte, é imprescindible que preguntes por el. Ademais podes buscalo no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios de Galicia do SERGAS.

3.Os podólogos colexiados do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia dispoñen dunha tarxeta de identificación na que aparece o seu nome e apelidos, unha foto e o número de colexiado. Para buscalos simplemente hai que acceder ao buscador da páxina web: www.copoga.com

Ten en conta estes consellos!

Ao acudir a un podólogo é fundamental comprobar que se cumpren estes requisitos. Se non é así pode que esteas fronte a algún caso de intrusimo, o que implicaría un risco para a túa saúde. O intrusismo en podoloxía é unha realidade a erradicar na que a túa acción será de axuda. Non dubides en informar sobre aqueles que non cumpran os requisitos para exercer a profesión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *