A INCORPORACIÓN DO PODÓLOGO NA SANIDADE PÚBLICA
Os cidadáns teñen dereito a unha atención sanitaria integral. Dende o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos espérase unha solución rápida e eficiente o antes posible
Un impulso á sanidade pública
Todas as comunidades españolas deben alcanzar e manter o maior nivel de saúde posible a través de todas as políticas, programas, servizos, e en xeral, actuacións de toda índole desenvolvidas polos poderes públicos, empresas e organizacións cidadás. De este xeito estableceríase como obxectivo básico a prevención de enfermidades e protección da saúde das persoas. Para contextualizar o tema podemos definir o concepto de saúde pública como: o conxunto de actividades organizadas polas Administracións públicas, coa participación da sociedade, para previr a enfermidade así como para protexer, promover e recuperar a saúde das persoas, tanto no marco individual como no colectivo e mediante accións sanitarias, sectoriais e transversais.
José García Mostazo, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos sinalou no seu momento unha “falta de aposta decidida por parte do Goberno para incorporar definitivamente a podoloxía na Sanidade Pública”.
Necesario recoñecemento da figura do podólogo
O campo profesional do podólogo axústase a diagnosticar, prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopolóxicos, físicos e quirúrxicos nas enfermidades e deformacións dos pés. Estes profesionais teñen acceso ás probas complementarias tanto para chegar a un diagnóstico certo como para realizar un seguimento adecuado de determinadas patoloxías. Resulta evidente, pois, que os podólogos son os axentes sanitarios adecuados para diagnosticar, tratar e previr as diferentes enfermidades nos pés.
Nos nosos días existe unha gran cantidade de patoloxías do pé nun considerable número de usuarios. Isto fai necesaria a presenza do podólogo na sanidade pública por dous motivos esencias. O primeiro referente a salvagardar a saúde e o benestar dos pacientes, e o segundo, polo aforro económico que representaría para as arcas públicas.
Na mesma medida é preciso facer unha chamada de atención aos cidadáns para que realmente lle dean a importancia que merece ó coidado dos seus pés e así reclamen aos gobernantes que a sanidade pública atenda as diversas patoloxías existentes.
Cando falamos da podoloxía vemos que a súa definición non se cumpre con total plenitude xa que o exercicio de dita profesión teríase que facer dende unha institución como a sanidade pública. O podólogo contaría co apoio dun equipo multidisciplinar no cal sería un referente no tratamento da extremidade e ademais tería a súa disposición unha serie de servizos que elevarían en boa medida a calidade asistencial aos pacientes. Sen dúbida, aspectos impensables ata o momento.
O presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano pronunciaba fai uns meses que a profesión está vivindo momentos de cambios, nos que a incorporación aos servizos públicos de saúde está máis cerca. “A mellora da sanidade pública é unha labor conxunta entre todos e consideramos que outros profesionais sanitarios sairían beneficiados ademais dos doentes”, afirmaba Borja.
Unha boa maneira de demostrar a importancia que ten o podólogo na sociedade sería a aprobación da súa inclusión na sanidade pública.
Acostumbro cada tarde buscar articulos para pasar un buen rato leyendo y de esta forma he localizado vuestra web. La verdad me ha gustado el articulo y pienso volver para seguir pasando buenos ratos.