A ACTUAL XUNTA DE GOBERNO AFRONTA O SEU COMETIDO CON COMPROMISO E INTERESE

Na mañá do día 15 de maio de 2015 tivo lugar a toma de posesión dos cargos da nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia
O Colexio de Podólogos de Galicia pechou o día 11 de maio de 2015 o prazo para a presentación de candidaturas ás eleccións da súa Xunta de Goberno, segundo as condicións establecidas no seu calendario electoral. Nun principio o colexio convocara as eleccións para o 27 de xuño do mesmo ano, sen embargo o feito de que soamente se presentase unha candidatura fixo que a comisión electoral a proclamara electa e polo tanto, non foi necesaria a celebración das eleccións.A agrupación presentada foi admitida despois de comprobar que todos os seus membros presentaban as condicións necesarias para ser elixidos.
Antes de comezar a falar sobre a actual Xunta de Goberno é importante coñecer certa información acerca das funcións e aptitudes que se deben acadar na mesma.
Entre as competencias da Xunta de Goberno podemos destacar as seguintes: cumprir e facer cumprir os acordos da Asamblea Xeral, os estatutos e a lexislación vixente que afecte ao Colexio; decidir sobre as solicitudes de colexiación; e impoñer sancións disciplinarias, entre outras moitas. É considerable saber que a duración dos cargos será de catro anos ou unha lexislatura, e poderán ser reelixidos por un máximo doutros catro anos máis ou unha lexislatura completa ou incompleta.
Se tivésemos que escoller tres funcións básicas do colexio serían: presentar e defender os intereses da profesión, loitar contra o intrusismo e achegar a figura do podólogo e as súas competencias á poboación. Todos e cada un dos podólogos loitan cada día para que isto se cumpra, pero é a Xunta de goberno quen debe guialos neste “complexo” camiño. Non menos importante é o empeño por fomentar relacións cos outros profesionais pertencentes ao ámbito sanitario.
Todo isto vense cumprindo practicamente na súa totalidade dende a creación do colexio no ano 1996. Falamos xa de 22 anos marcados polos cambios nos cargos e as novas incorporacións.
A composición actual da Xunta de Goberno do Colexio está formada por Borja Pérez Serrano (presidente), Montserrat Martínez Espiño (vicepresidenta), Mª de los Ángeles Fernández Trigo (secretaria), Alfonso Alonso González (tesoureiro), Lucía Pazos Rivera (vogal) e Juan Francisco Dios Tomé (vogal). Estas persoas exercerán as súas funcións en defensa da profesión até maio de 2019.
Trátase dunha Xunta de continuidade ao manter, na maior medida, a todos os membros que exerceron os seus cargos nos últimos catro anos. Estamos a falar dun equipo de traballo “novo e dinámico” que se compromete a seguir avanzando no xa creado e impulsar novos cambios co fin de aportar melloras para todos os colexiados e todo o que inflúe no funcionamento do Colexio.
Dende o primeiro momento non houbo ningún tipo de oposición a dita agrupación. Non obstante, compre comentar a bondadosa acción que levaron a cabo os membros do goberno xa que propuxeron someterse a unha valoración dos colexiados para ver aquilo que se podería cambiar ou enriquecer. Con este feito chegouse a cumprir un dos propósitos do colexio: a mellora no proxecto común que é a defensa e promoción da podoloxía, así como a aportación dos mellores servizos aos colexiados para contribuír no seu crecemento profesional.
Unha vez que estas persoas foron asentadas no cargo, os colexiados poideron coñecer os proxectos e metas marcadas para a entrante lexislatura.
Borja Pérez Serrano, presidente actual da Xunta de Goberno do Colexio está licenciado en Podoloxía, é experto en Podoloxía Médico- Cirúrxica e conta con un Máster en Podoloxía Clínica e Quirúrxica Avanzada.
Algunhas competencias destacadas que debe cumprir o presidente son: a representación do Colexio en todas as relacións deste cos poderes públicos, entidades, corporacións de calquera tipo, persoas físicas e xurídicas; convocar as reunións da Xunta de Goberno e as asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias; a apertura de contas correntes do Colexio, tanto en entidades bancarias como caixas de aforro, e a mobilización dos fondos, conxuntamente co tesoureiro, etc. En definitiva, as atribucións que implica dito cargo pódense resumir en dous puntos: representación e dirección do Colexio, así como a coordinación da labor de todos os membros da Xunta de Goberno.
Entrevista a Borja Pérez Serrano:
Pensa que os cidadáns teñen coñecemento a cerca da existencia e funcionamento do Colexio Oficial de Podólogos?
A realidade é que dende os colexios aínda temos traballo para expoñer todas as labores e funcións que facemos. Indudablemente que o Colexio vela polos intereses da profesión e dos seus colexiados, pero tamén fai unha importante labor para a sociedade, regulando a profesión, evitando o intrusismo e garantindo a mellor calidade asistencial nun ámbito tan importante como é a saúde.
Que feitos o levou a presentarse na convocatoria de maio de 2015 como presidente da Xunta de Goberno do Colexio?
En 2015 xa estaba na Xunta de Goberno, co cargo de tesoureiro, pero ademais facía funcións de Portavoz, Coordinador de formación, Coordinador de intrusismo, e enlace coa asesoría xurídica, todas elas áreas de moito peso no colexio, polo que, co apoio e consenso do resto da Xunta de Goberno, decidín asumir a responsabilidade de afrontar o cargo.
Cales considera que deben ser as facultades básicas para poder afrontar o cargo de presidente? Resulta complexo cumprir as competencias como presidente?
Considero que o fundamental é contar con un equipo integrado, comprometido, e rodearse de profesionais que aporten a súa experiencia e traballo ao noso proxecto. O resto da Xunta de goberno, e o persoal de Colexio, propio e externo, fan o traballo, e o Presidente é a figura visible. Evidentemente o cargo ten implícito moitas cuestións, unha axenda intensa, e require de dedicar moito tempo, que é compensado cando os proxecto saen adiante e vemos progresos.
Que propósitos ou proxectos tiña en mente no momento de ser elixido presidente? Cumpríronse algúns deles?
Como xa comentei, xa estaba integrado na Xuntade Goberno, que iniciara un proxecto de transformación cinco anos antes. O meu propósito era intensificar e potenciar eses avances xa conseguidos na lexislatura anterior. Queda moito traballo, e seguramente puidemos facer as cousas aínda mellor pero a realidade é que conseguimos transformar o Colexio, levalo ao século XXI, achegalo aos colexiados e visibilizalo entre outros profesionais sanitarios e a sociedade.
Considera que se levaron a cabo melloras no Colexio? Cales?
Dende o punto de vista tecnolóxico dotamos ao Colexio dunha plataforma web, con distintas áreas de xestión, das mais desenroladas no ámbito dos colexios de podólogos. No eido da formación o calendario está repleto de cursos, xornadas, coa culminación o pasado outubro do Congreso Nacional de Podoloxía 2018, celebrado en Santiago de Compostela, e froito da xestión da Xunta de goberno, con 22 meses de antelación. Outro feito importante é a recente inauguración da nova sede colexial, adquirida en propiedade polo Colexio, e que supón un legado para todos nos e os futuros podólogos. Institucionalmente estamos nunha fase moi activa, e que nos posiciona como unha profesión sanitaria cunha gran proxección. En liñas xerais, considero que se produciron avances, e espero que así o vexan os colexiados.
Cal diría que foron as principais dificultades ás que se afrontou o Colexio dende a toma de posesión da nova Xunta de Goberno?
A principal dificultade é que “as cousas de palacio, van despacio”. Moitas veces queremos avanzar en determinadas cuestiones que atañen a profesión, e nos podemos avanzar todo o rápido que nos gustaría. Por outra banda, aínda que algún colexiado protesta do pago das cotas, temos moita actividade e un presuposto reducido, o que limita moito para facer iniciativas, e hai que axustarse aos presupostos.
Cree que nun futuro se presentaría de novo ao posto de presidente?
Dende que me integrei na Xunta de Goberno, a miña intención é empeño foi a de traballar pola profesión, e aportar todo o que poida. Os mandatos rematan, e así debe ser, facilitando alternancias e novos proxectos, pero eu sempre estou disposto a traballar e colaborar para seguir avanzado. Teño varios proxectos relacionados con esta premisa de promover o avance da profesión, e se noutra etapa, a podoloxía en Galicia require do meu compromiso, intentarei poder aportar e colaborar.
I have been surfing online more than 2 hours today, yet I never found any interesting article like yours.It’s pretty worth enough
for me. In myy view, iif all web owners and bloggers
made good content as you did, the internet will be much more useful than ever before.